"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • SERRAS

    Sistema montañoso de pequenas dimensións, que se estende en dirección O-L polas parroquias de Toirán, Láncara e Carracedo (Láncara). A súa máxima altitude rexístrase no cumio da Serra con 621 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Láncara ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Láncara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra (3.043 km2; 1.140.700 h [2000]). A capital é Preston. Corresponde aproximadamente aos antigos condado e ducado homónimos, posesións nos ss XIV e XV dos Lancaster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Inglaterra, situada no condado de Lancashire (46.321 h [1981]). É un porto no esteiro de Lune e destaca a súa industria téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DINASTIAS

    Dinastía real inglesa que tivo a súa orixe no príncipe Edmundo de Inglaterra, coñecido como Edmundo de Lancaster (1245-1296), fillo pequeno do Rei Enrique III e primeiro conde de Lancaster. En 1245 recibiu o Reino de Sicilia do Papa Inocencio IV, pero en 1258 Alexandre IV cancelou a concesión. Durante a Guerra dos Baróns (1236-1265) estivo exiliado en Francia e, en 1265, coa vitoria dos realistas, recibiu o condado de Leicester e, un ano máis tarde, o de Derby. Sucedérono os seus fillos Tomás de Lancaster (1277?-1322), segundo conde de Lancaster, e Enrique de Lancaster (1281?-1345), terceiro conde de Lancaster; o fillo deste último Enrique de Lancaster (1300?-1361), foi o cuarto conde e o primeiro duque de Lancaster. Participou na Guerra dos Cen Anos. A súa filla, Branca de Lancaster (1347?-1369) casou con Xoán de Gante, fillo do Rei Enrique III, que se converteu no segundo duque de Lancaster. O seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Burton Stephen Lancaster.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Burt Lancaster, protagonizou The Killers (1946), Apache (1953), Il Gattopardo (1963), Novecento (1975), Atlantic City (1980), Rocket Gibraltar (1988) e Field of Dreams (1989). Foi premiado nos festivais de Berlín e Venecia, en 1956 e 1962, por Trapeze e Birdman of Alcatraz, respectivamente e en 1960 obtivo o Oscar ao mellor actor por Elmer Gantry.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo. En 1798 fundou unha escola en Southwark (Londres) onde aplicou o sistema mutuo ou monitorial system de ensino ideado por Andrew Bell. Este método consistía en que os alumnos máis adiantados debían instruír os demais e, a diferenza de A. Bell, Lancaster primaba o ensino das nocións elementais, que podían ser de utilidade na vida, sobre o ensino moral ou relixioso. Destaca a súa obra The British System of Education (1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de lanzar.

    2. Acción de lanzar os aparellos ao mar para pescar.

    3. Cantidade de pesca que se recolle cada vez que se bota ao mar o aparello.

    4. Acontecemento salientable que se integra nun conxunto.

    5. Acción ou episodio interesante dentro do conxunto nunha obra literaria.

    6. Disputa entre dúas ou máis persoas.

    7. Circunstancia ou acontecemento difícil na vida dunha persoa.

    8. Cada un dos movementos que se fan coa gadaña ou co fouciño durante a sega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde se garda a lanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado armado de lanza.

    2. Artesán que fabrica lanzas.

    3. Cada un dos cabalos que van enganchados á lanza dunha carruaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra da Trapa que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Salcedo (A Pobra do Brollón) e Vilamor (Folgoso do Courel). O seu cumio acada os 768 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Típico expoñente da cultura de Port-Royal, manifestada na súa Grammaire générale et raisonnée. Reformador do ensino, divulgou o coñecemento do latín, do grego e doutras linguas nos seus manuais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación do nome francés Lancelot, onde se aplicou o dobre diminutivo -el-ot ao nome xermánico Lanzo, derivado da raíz landa ‘país’. Presenta a variante Lanzarote. Este nome xa se usou na Idade Media como consecuencia da popularidade que acadaron as novelas de cabaleiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabaleiro da Táboa Redonda, da mítica corte do Rei Artur de Britania, nas narracións da materia de Bretaña. Discútese a orixe deste personaxe lendario, que, segundo algúns críticos, ten antecedentes nas antigas literaturas célticas. Non obstante , documéntase por vez primeira no poema narrativo alemán Lanzelet (1194-1204?), do suízo Ulrich von Zatzikhoven, quen afirmou que se baseou nun libro francés, actualmente perdido. Este libro descoñecido, quizais fonte orixinal do personaxe, influíu no Lancelot ou Le chevalier de la charrette (1177-1181), novela en verso de Chrétien de Troyes que narra a aventura de Lancelote, amante de Xenebra, muller do Rei Artur. Nesta obra reúne as máis prezadas virtudes cabaleirescas (coraxe, honor e submisión amorosa) e grazas á última converteuse nun dos prototipos medievais do amor cortés e no mellor dos cabaleiros. Conta a lenda que foi amante fiel da Raíña Xenebra, esposa de Artur, aínda que unha noite, víctima dun encantamento,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten a forma dunha lanza.

    2. Aplícase ao órgano, ou estrutura, que é longo, estreito, engrosado nun extremo e terminado en punta.

    3. Aplícase á figura, xeralmente á cruz, cos brazos acabados en punta de lanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: bisturí.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estoxo de lancetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación pequena, a remo ou motor, que se emprega na pesca costeira. Dependendo da especie capturada ou do tipo de arte empregada, recibe o nome de lancha xeiteira, polveira, volanteira, pincheira ou de relinga.

    2. Bote auxiliar que se emprega no tráfico dos portos para transporte de carga ou persoas.

    3. Embarcación que levaban a bordo os navíos e fragatas e, en xeral, os veleiros de certa tonelaxe, e que se empregaba en traballos auxiliares.

    4. Embarcación de pequeno tamaño que se empregaba para traballar coa arte do xeito e coa arte de enmalle para a pesca da sardiña.

    5. Embarcación pequena que portan os grandes navíos e que empregan en caso de naufraxio.

    6. Embarcación de guerra equipada con mísiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedra lisa e de pouco grosor.

    VER O DETALLE DO TERMO