"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Musicólogo e político lituano. Editou as biografías dos máis recentes compositores de Lituania. Aproveitando a perestrojka de Mikhail Gorbačov, nas primeiras eleccións libres, foi elixido o 11 de marzo de 1990, novo presidente da república. Esta, segundo decisión do mesmo parlamento, deixou de ser o mesmo día a República Socialista de Lituania, para ser a República de Lituania. Este mesmo ano, Landsbergis esixiu que saíse do seu país o exército soviético, considerado un exército de ocupación. O referendo de 9 de febreiro de 1991 foi decididamente favorable á independencia. En outubro de 1992, nas primeiras eleccións despois da independencia, foi derrotado polo Partido Laborista Democrático de Algirdas Brazauskas. En 1994 recibiu o premio Ramon Llull e en 1996, o seu partido, Unión da Patria, venceu o Partido Democrático do Traballo, dirixido por M. Stankevicius.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e gravador. Formado na Royal Academy desde 1814, foi nomeado académico en 1831. Especializado en pintura de animais, deseñou o grupo de leóns esculpido na base do monumento a Nelson na Trafalgar Square de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baviera, Alemaña, situada á beira do río Isar (58.600 h [1990]). Foi antiga residencia dos duques de Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico, bacteriólogo e fisiólogo. Estudiou no Instituto de Patoloxía da Universidade de Viena, onde foi mestre, pasando despois ao Hospital da Haia e finalmente ao Instituto Rockefeller de Nova York. O seu descubrimento principal foi o dos grupos sanguíneos en 1902. Máis tarde, en 1940, descubriu, xunto con A. S. Wiener, o factor Rh, que pode evitar defectos xenéticos. Estes descubrimentos permitiron comprobar a compatibilidade sanguínea convertendo as transfusións de sangue en procesos seguros, e revolucionou a medicina forense polo carácter hereditario dos grupos sanguíneos permitindo demostrar de forma científica a imposibilidade da paternidade. Entre as súas obras destaca The spicificity of serological reactions (1936). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1930 polo descubrimento dos grupos sanguíneos e das reaccións producidas entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asemblea do pobo das terras escandinavas ata a Idade Media.

    2. Cámara alta do Parlamento danés desde 1849 a 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo suroccidental de Cornualla, constituído por masas graníticas. É o punto máis occidental de Reino Unido meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á la ou ao comercio da la.

    2. Persoa que vende la ou a traballa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta en lingua provenzal. Da súa obra consérvanse 35 poemas morais, amorosos, históricos e relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade beneditino e arcebispo de Canterbury. En 1042 ingresou no mosteiro de Bec, onde foi abade e creou unha escola de teoloxía. Foi abade de Saint-Étienne de Caen (1060), primado de Inglaterra e gobernador do país na ausencia de Guillerme o Conquistador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Activo na rexión de Emilia, foi o construtor da catedral de Modena, onde aplicou os principios da decoración lombarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano. Recomendou en casos de accidente e enfermidade o uso do cauterio para determinar tumores, a sutura dos nervios seccionados e a trepanación. Escribiu Chirurgia magna (1270) e Chirurgia parva (1296), que contribuíron ao renacemento da cirurxía empírica durante a Baixa Idade Media europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e decorador italiano. Discípulo de Carraci, en Roma decorou o Palazzo Farnese (1602), o Palazzo Mattei (1615) e a cúpula de Sant’Andrea della Valle (1625-1627). Ademais realizou, entre outras, Paradiso (1643), na capela de San Gennaro da catedral de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (8.187 km2; 671.900 h [estim 1993]). A capital é Lang Son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e folclorista escocés. Parte da súa obra está chea de elementos que mesturan o humor e a ironía. Destacou polas coleccións de contos, as traducións de Homero, as obras sociolóxicas e antropolóxicas Custom and Myth (1884), Myth, Ritual and Religion (1887) e os estudios históricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico. Revelouse como un dos mellores artífices do cinema expresionista alemán cos filmes Dr. Mabuse, der Spieler (Dr. Mabuse, o xogador, 1922), Metropolis (1924) e M-Eine Stadt such einen Mörder (1931). En EEUU filmou Fury (1936) e You Only Live Once (1936). Volveu ao expresionismo con Hagmen also die (1942), realizado sobre un tema de Brecht, e posteriormente dirixiu Scarlet Street (1945) e While the City Slepps (1955). Volveu a Alemaña onde realizou Der Tiger von Esnapur (O tigre de Esnapur, 1958), Der indische Grabmal (A tumba india, 1958) e Die tausend Augen des Dr. Mabuse (Os crimes do Dr. Mabuse, 1960), o seu derradeiro filme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo suízo. Catedrático de Filoloxía Románica (1896), realizou numerosos estudios no eido do portugués e castelán medieval. Ensinou filoloxía románica na Universidade de Yale e en New Haven e formou parte da Hispanic Society of America. Entre os seus estudios destacan Contributions to the poema del Cid (1926), comentarios detallados sobre o Cantar de Mio Cid nos que propón unha revisión do texto baseada en cuestións filolóxicas, especialmente métricas; e estudios sobre formas estróficas, terminoloxía métrica e rimas no Cancioneiro de Baena. No eido galego-portugués destaca Das Liederbuch des Königs Denis von Portugal, obra que contén unha edición crítica completa baseada sobre todo no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, amais dunha importante avaliación crítica da edición do Cancioneiro da Ajuda de Carolina Michaëlis Zum Cancieniro da Ajuda (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e animador teatral francés. Desenvolveu unha longa traxectoria no eido da organización teatral en Francia, xa que foi o promotor do Festival de Teatro de Nancy, en 1963. En 1972 impulsou un proxecto de investigación teatral desde o Palais Chaillot, de onde nacería o Théâtre National Chaillot. Entre 1981 e 1986 e entre 1988 e 1991 desempeñou o cargo de ministro de Cultura, tempo en que promoveu un novo proceso de descentralización teatral, para despois facerse cargo do Ministerio de Educación entre 1991 e 1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘chourizo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, situada entre a punta do mesmo nome e a praia de Coira, na parroquia de Goiáns (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO