Lang, Henry R.

Lang, Henry R.

Filólogo suízo. Catedrático de Filoloxía Románica (1896), realizou numerosos estudios no eido do portugués e castelán medieval. Ensinou filoloxía románica na Universidade de Yale e en New Haven e formou parte da Hispanic Society of America. Entre os seus estudios destacan Contributions to the poema del Cid (1926), comentarios detallados sobre o Cantar de Mio Cid nos que propón unha revisión do texto baseada en cuestións filolóxicas, especialmente métricas; e estudios sobre formas estróficas, terminoloxía métrica e rimas no Cancioneiro de Baena. No eido galego-portugués destaca Das Liederbuch des Königs Denis von Portugal, obra que contén unha edición crítica completa baseada sobre todo no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, amais dunha importante avaliación crítica da edición do Cancioneiro da Ajuda de Carolina Michaëlis Zum Cancieniro da Ajuda (1908).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Wartau

  • Deceso

    Lugar : New Haven