"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

  • GALICIA

    Xurista e político. Xuíz de Vigo, foi elixido alcalde días antes da ocupación francesa da cidade (1809). Organizou a resistencia interna de Vigo, sobre todo no referido aos recursos alimentarios, e artellou a resistencia dos concellos dos arredores. Mantívose como alcalde ata decembro de 1810. Foi oidor na Audiencia de Galicia e conselleiro do Real e Supremo Tribunal de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prehistoriador. Doutor en Historia e catedrático de Prehistoria e Etnoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, invetigou temas etnográficos e etnoarqueolóxicos, e as culturas prehistóricas do NO peninsular. Membro fundador do Grupo Galego de Traballo do Cuaternario e do Museo do Pobo Galego, pertence ao Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do SEG e do Grupo de Estudos Prehistóricos Padre Carballo. Confundador de Gallaecia, das súas numerosas obras destacan Os petroglifos de Galicia (1979), La cerámica campaniforme en Galicia (1982), Antepasados, guerreros y visiones: análisis antropológico del arte prehistórico en Galicia (1995), Etnoarqueología: conocer el pasado por medio del presente (2000) e Prehistoria de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de León, Castela e León (2.837 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo natural, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) en 2001, dentro da Rede Natura 2000, situado nos concellos de Porqueira e Rairiz de Veiga. Cunha superficie de 160 ha e unha altitude de 620 m, constitúe un conxunto de prados e bosques de carballo que se inundan durante o inverno. Esta situación favorece a existencia dunha gran diversidade de fauna e flora, das que destacan en canto á flora diversas especies de Magnopotamion ou Hydrocharition e Ranunculion fluitantis e de Callitriche-Batrachio. En canto á fauna destacan a pica papuda, a cegoña branca, o lagarteiro peneireiro, a becacina cabra, o picanzo vermello e a cotovía pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi xefe de Tráfico de Telégrafos da Coruña, cargo do que foi expulsado tras a Guerra Civil Española e definitivamente separado desde 1942. Posteriormente dirixiu a empresa de Armadores de Buques Pesqueros (Arbupes). Os temas principais das súas pinturas, de corte impresionista e xeralmente pintadas ao natural, foron as paisaxes, as mariñas e as corredoiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Luca, Toscana, Italia (58.180 h [2001]). Situada na desembocadura do canal da Burlamacca, é coñecida polo carnaval e polo premio literario anual creado en 1929.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e profesor.   Doutorouse en Teoloxía en Santiago   e foi redactor e colaborador do semanario   La Voz del Tecla. Das súas obras destaca La lengua latina y la necesidad de su estudo (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gusta facer pola vida da casa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Girona, Catalunya, ao S da capital provincial (2.034 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Dozón baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e profesor. Publicou, entre outras obras, El Recreo Artístico Guardés 1890-1939. Los 50 primeros años (1997), Sindicalismo no Baixo Miño (1930-1936). O predominio do agrarismo tomiñés (2002) e La presidencia del indiano puertorriqueño, Manuel Lomba Peña (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formado en Madrid, a súa pintura é realista e caracterízase polo dominio técnico, en especial do debuxo, e pola captación da psicoloxía dos personaxes. Cultivou o retrato, as naturezas mortas, sobre todo de animais, a paisaxe e os tipos populares. Destacan as obras, Autorretrato, Muller aldeá e Neno do niño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado no páramo leonés, na beira esquerda do río Órbigo (3.412 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado en La Alcarria (5.778 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e regadío.

    VER O DETALLE DO TERMO