"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Militar francés. Almirante de Francia (1792) e conde de Estaing. Loitou na Guerra de Independencia dos EE UU do lado norteamericano e sitiou a cidade de Nova York (1778). En 1780 dirixiu a flota franco-española no sitio de Xibraltar. Comandante da Garda Nacional do Palacio de Versailles (1789), foi favorable á Revolución Francesa, aínda que a súa defensa da monarquía o levou á guillotina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro en réxime de cooperativa creada en 1980 polos colectivos Troula, Antroido e Andrómena co obxectivo de promover o desenvolvemento de unidades estables de produción e distribución teatral e potenciar o proceso de profesionalización do teatro galego iniciado en 1978. O seu único espectáculo foi Bailadela da morte ditosa, sobre un texto de Roberto Vidal Bolaño e dirixido por Eduardo Alonso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Motor de reacción de tipo atmosférico, inventado por René Lorin en 1913, que aspira o aire de combustión por efecto da velocidade da aeronave que impulsa. Está constituído por un conduto de aspiración do aire seguido dun difusor onde se incrementa a presión. O aire entra na cámara de combustión e o combustible, ao queimarse, produce unha enerxía que se tranforma en enerxía cinética na expansión que se produce na tobeira de saída de gases. É moi apropiada para a propulsión de mísiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carta outorgada pola raíña rexente María Cristina no nome da súa filla Isabel II, en abril de 1834 e que estivo vixente ata agosto de 1836. O texto, que contaba con 50 artigos, era obra de Francisco Martínez de la Rosa e estaba inspirado na carta de Luís XIII de Francia. Establecía unhas cortes bicamerais: o estamento dos próceres, que podían ser hereditarios (grandes de España) ou vitalicios (nomeados polo rei); e o estamento dos procuradores, escollidos por sufraxio censual e que só tiñan dereito de deliberación e petición e a atribución de aprobar as leis e os impostos. O motín de La Granja (agosto de 1836) obrigou a raíña rexente a restablecer a Constitución de Cádiz de 1812.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatuto Real de Baiona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escampada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escampar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soster cun ou máis esteos algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido esteárico. A substitución do hidróxeno terminal do ácido esteárico por metais (C17H35COOM) dá lugar á formación de sales ou de xabóns, e cando se substitúe por grupos alquilo ou arilo, fórmanse ésteres (C17H35COOR). Os sales alcalinos do ácido esteárico son solubles en auga e empréganse como deterxentes, emulsionantes e catalizadores.
-
-
Relativo ou pertencente á estearina ou ao ácido esteárico.
-
Ácido graxo sólido saturado, que ten unha ampla presenza nas graxas animais e vexetais en forma de glicéridos. Pódese obter sinteticamente por hidroxenación dos aceites vexetais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que forma parte da maioría das graxas sólidas vexetais e animais, especialmente do sebo. Pódese obter por reacción do ácido esteárico con glicerol en presenza do Al2O3. É incolora, insípida, soluble en etanol e cloroformo e insoluble en auga. Emprégase na fabricación de candeas e xabóns, no puído de metais e tamén como impermeabilizante en industrias téxtiles e papeleiras. Tamén recibe o nome de triestearina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de talco, de cor branca verdosa, sumamente branda, que se denomina tamén xabón de xastre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘graxa’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
adipocito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor de graxa ou lipoma de localización cutánea e subcutánea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acumulación excesiva de graxa nas nádegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia anormal de graxas nas deposicións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dexeneración da graxa dun tecido ou dun órgano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ferir con estoque.
-
-
Acción de estrear.
-
Primeira función dun espectáculo que adoita ir acompañada dunha conferencia de prensa do produtor, do director e dos artistas máis coñecidos do elenco.
-