estatorreactor
estatorreactor
(< estator + reactor)
s
m
[AERON]
Motor de reacción de tipo atmosférico, inventado por René Lorin en 1913, que aspira o aire de combustión por efecto da velocidade da aeronave que impulsa. Está constituído por un conduto de aspiración do aire seguido dun difusor onde se incrementa a presión. O aire entra na cámara de combustión e o combustible, ao queimarse, produce unha enerxía que se tranforma en enerxía cinética na expansión que se produce na tobeira de saída de gases. É moi apropiada para a propulsión de mísiles.