estator

estator

(< ingl stator, acrónimo destationary rotor)

  1. s m [TECNOL]

    Parte fixa dunha máquina eléctrica. Nas máquinas de corrente alterna ten xeralmente a forma dun tubo cilíndrico, cun dentado no seu círculo interior, que forma as rañuras onde van aloxadas as bobinas. Nas máquinas de corrente continua, o estator está formado por unha armadura cilíndrica que leva fixos no interior os polos ou pezas polares coas bobinas correspondentes.

  2. s m [TECNOL]

    Parte fixa dun mecanismo sobre a que xira outra parte, móbil, denominada rotor.