"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Aplícase ao interruptor ou disxuntor que protexe as instalacións eléctricas de curtocircuítos ou sobrecargas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Esquiador austríaco. Está considerado un dos mellores de todos os tempos, conseguiu dous ouros nos Xogos Olímpicos de Nagano (1998), gañou a Copa do Mundo en catro ocasións (tempadas 1997-1998, 1999-2000, 2000-2001 e 2003-2004), e totalizou 47 vitorias parciais. Foi campión de descenso e súper xigante nos mundiais de Vail 1999, ademais de obter máis de 70 podios na súa carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista estadounidense. A súa obra reflicte un carácter moi crítico coa sociedade do seu país. Da súa produción destacan The Naked and the Dead (1948), The Deer Park (1955), An American Dream (1965), Why are We in Vietnam? (1967), Existential Errands (1975), The Executioner´s Song (1979), Ancient Evenings (1983), Harlot´s Ghost (1992) e The spooky art (2003). Realizou unha biografía sobre Marilyn Monroe e outra sobre Henry Miller, titulada Genius and Lust (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade, bispo e primado de Irlanda. Abade de Bangor (1123), foi bispo de Connor (1125). Como primado de Armagh (1132- 1148) restaurou a disciplina da Igrexa e adoptou a liturxia romana. Realizou dúas viaxes a Roma (1139 e 1148) e introduciu a regra do císter en Irlanda. Canonizado polo Papa Clemente III o 6 xullo de 1190, a súa festividade celébrase o 3 novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe duns 30 cm de lonxitude, que presenta o corpo completamente recuberto de placas dérmicas osificadas que constitúen unha auténtica armadura. É vermello no dorso e na cabeza e máis claro no ventre e é bentónico e gregario. Habita nos fondos lodosos e areosos do Atlántico e do Mediterráneo, ata os 500 m de profundidade, e aliméntase fundamentalmente de crustáceos e moluscos.

    2. escarpón común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía ou deformidade dunha parte do corpo, xeralmente de carácter conxénito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. O descubrimento da obra de Baudelaire e de Edgar Allan Poe determinou a súa vocación. Definiu a súa estética persoal no feito de non definir o obxecto, senón o efecto que o obxecto produce.   Progresivamente reaccionou contra o Parnaso, algo que, xunto con Verlaine, fixo que se convertera en guía dos poetas de vangarda, coñecidos como simbolistas. A súa influencia advírtese en Valéry, Apollinaire e na máis moderna literatura. Moi coidadoso na forma e ambicioso intelectualmente, é autor de Hérodiade (1869), Après-midi d’un faune (1874), Album de vers et de prose (1888), Pages (1891) e Un coup de dés jamais n’abolira le hasard (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de mama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de mamila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación versificada de máximas xurídicas, sociais, relixiosas e morais, considerada a fonte do dereito hindú. A súa redacción puido levarse a cabo entre os ss II a C e I d C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xamaicano, fillo de Norman Washington Manley, fundador do People’s National Party (PNP) e primeiro ministro. Foi senador (1962-1967), e en 1969 sucedeu a seu pai na dirección do PNP. Como primeiro ministro (1972-1980), iniciou unha política socialdemócrata e de boas relacións con Cuba. Nas eleccións de 1989 recuperou o poder pero a súa delicada saúde fíxolle renunciar en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ āfa Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ẓ a de Exipto (203.685 km2; 157.300 h [1996]). A capital é Hurghada (60.060 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista arxentino. Comezou xogando en Argentinos Juniors, de onde pasou ao CA Boca Juniors. Despois de gañar a liga arxentina, fichou polo FC Barcelona, co que gañou a Copa da Liga e a Copa do Rei (1983). Co Nápoles obtivo dúas ligas (1986-1987 e 1989-1990), a Copa de Italia (1987), a Copa da UEFA (1989) e a Supercopa de Italia (1990). Tamén gañou o campionato do mundo coa selección arxentina (1986) e recibiu tres Balóns de Ouro (1979, 1980 e 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Deportista. Foi campioa de España de natación desde 1986 ata 1993 en 200 metros costas. Foi cuarta na Copa de Europa (Sabadell, 1989), participou no campionato do mundo en Perth (1991) e obtivo a medalla de prata nos Xogos do Mediterráneo de Atenas (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patoloxía vírica causada por un herpes que se localiza no folículo das plumas e que provoca o adelgazamento e morte das aves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á enerxía solar almacenada en forma de calor nas capas superficiais dos mares, en especial nas zonas ecuatoriais e tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Florencia e de Parma, filla natural do Emperador Carlos V e de Margarida van der Gheist. Casou en 1536 con Alessandro de Medici, duque de Florencia, e en 1539 con Octavio Farnese (Octavio I de Parma). Escollida polo seu medio irmán Filipe II como gobernadora dos Países Baixos (1559-1567), buscou a colaboración dos elementos moderados da nobreza flamenga, pero a presión dos radicais acentuou as reivindicacións autonomistas e relixiosas dos moderados. Filipe II non quixo ceder no terreo relixioso, polo que as diversas faccións da nobreza flamenga uníronse arredor dos mesmos obxectivos no Pacto de Breda (1566). Filipe II desautorizou a súa política, ao enviar ao país un exército real comandado polo duque de Alba, polo que dimitiu (1567) e se retirou a Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Margarida de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duquesa de Madrid, filla do duque Carlos III de Parma. Ao ser asasinado este (1854), fuxiu a Venecia, onde coñeceu o pretendente á coroa de España, Carlos, duque de Madrid, con quen casou en 1867.

    VER O DETALLE DO TERMO