"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro piso (e idade) do Mioceno medio mariño, situado sobre o Burdigaliano e baixo o Serravaliano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Languiano.
-
-
Perder unha persoa pouco a pouco as forzas e o ánimo.
-
Perder algunha cousa intensidade aos poucos.
-
-
-
Estado prolongado de decaemento físico ou moral.
-
Falta de enerxía e de vigor.
-
Diminución fisiolóxica ou debilitamento dunha planta, ou dunha das súas partes, que se manifesta poñéndose murcha.
-
-
-
Que carece de enerxía ou vigor.
-
Que manifesta amor pero cun aire de sufrimento.
-
-
-
Relativo ou pertencente os lánidos.
-
Paxaro dos familia dos lánidos.
-
Familia de paxaros, da orde dos paseriformes, de 15 a 30 cm, que presentan a cabeza voluminosa e ampla, o pescozo curto e bico robusto, ganchudo e provisto dunha serie de dentes córneos a cada lado. Son moi agresivos e aliméntanse de insectos, pequenos vertebrados e, ocasionalmente, paxaros pequenos. Case todas as especies adoitan cravar as presas en matogueiras espiñosas. Habitan en Eurasia, África e América do Norte.
-
-
PERSOEIRO
Músico e poeta estadounidense. Prisioneiro durante a Guerra da Secesión, explicou as súas experiencias na novela Tiger-Lilies (1867). Os seus versos suxiren ritmos e temas máis propios da música. É autor de Poems (1877), Science of English Verse (1880) e Music and Poetry (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que produce la.
-
Aplícase ás plantas ou aos seus órganos cando están cubertos dunha materia algodoeira.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fibra téxtil artificial que se obtén pola coagulación do caseinato de sodio en medio ácido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos lánidos, que presentan un corpo de tamaño medio, o peteiro ganchudo na punta, ollos cubertos por anteface e rabo longo. Aliméntanse de anfibios, réptiles, micromamíferos ou insectos. As especies máis comúns en Galicia son o picanzo vermello (L. collurio) e o picanzo real (L. excubitor), aínda que tamén se pode atopar o picanzo rebordá (L. senator) pola zona do SL, e máis raramente o picanzo pequeno (L. minor).
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado en Las Alpujarras (3.705 h [2001]). Posúe cultivos de cereais, oliveiras e legumes, e gandería vacúa, porcina e ovina. A abundancia de fontes de auga mineral favoreceu as industrias relacionadas co embotellamento e a hostalería, das que destaca un balneario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Cunha orquestra propia puxo de moda o vals vienés, popularizados por Johann Strauss. Compuxo máis de douscentos, dos que destacan Die Werber e Hofballtänze.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político flamengo. Vicerrei de Nápoles (1522-1524), participou na campaña de Lombardia e na batalla de Pavia (1525). Despois da captura de Francisco I de Francia, conduciuno prisioneiro a Madrid. Conseguiu a sinatura do Tratado de Madrid (1526) pero, trala volta das hostilidades da Liga de Cognac, foi vencido polas tropas pontificias e asinou unha tregua co Papa Clemente VII (1527), pero o condestable de Borbón non respectou a tregua e continuou a súa marcha sobre Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Abertura longa e estreita nun corpo sólido.
-
Acción de lañar o peixe.
-
Modalidade de pesca a ollo que se emprega habitualmente para capturar congros.
-
Zona do fondo do mar entre rochas e algas na que adoitan agocharse congros, polbos e outros peixes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Graxa de cor escura e olor característico que se extrae da la dos cordeiros. Propiamente é unha mestura de ácidos graxos esterifiados con alcohois do tipo da colesterina e a isocolesterina. Emprégase moito en cosmética e en farmacia, como base para elaborar ungüentos. OBS: Tamén se chama graxa de la.
-
PERSOEIRO
Escritor. Reflectiu os acontecementos da época na súa obra. Publicou ensaios, Bonjour Monsieur Zola (1954); poesía, Le Colporteur (1953); e novela La nef des fous (1947), Les lézards dans l’hortage (1953) e a triloxía Margot l’enragée: le Commandant Watrin (1956), le Rendez-vous de Bruges (1958) e Quand la mer se retire (Prix Goncourt 1963). Foi membro da Académie Goncourt (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo SO da parroquia de Riocereixa (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.393 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. Traballou arduamente pola renovación da lingua retorrománica, na que escribiu diversas escolmas de poemas, como ll vegl cha lamêr (1929) e Versiuns veglias e nouvas (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Michigan, EE UU (119.128 h [2000]). Está situada no centro da península de Michigan, ao SO de Detroit e na beira do río Grande. Posúe industria automobilística.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escudeiro que acompañaba os homes de armas en Alemaña. Posteriormente o nome aplicouse ao soldado mercenario que recibía unha paga polo seu dominio das armas e a súa reputación militar. Constituíron a forza de choque de Maximiliano de Austria e actuaron pola Europa occidental entre os ss XV e XVII.