Lanius
Lanius
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves, da familia dos lánidos, que presentan un corpo de tamaño medio, o peteiro ganchudo na punta, ollos cubertos por anteface e rabo longo. Aliméntanse de anfibios, réptiles, micromamíferos ou insectos. As especies máis comúns en Galicia son o picanzo vermello (L. collurio) e o picanzo real (L. excubitor), aínda que tamén se pode atopar o picanzo rebordá (L. senator) pola zona do SL, e máis raramente o picanzo pequeno (L. minor).