"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Xurista. Profesora titular de filosofía do dereito, desde 1989, e decana da facultade de Dereito da Universidade de Santiago Compostela desde 2002, escribiu El poder y los ciudadanos (1998), Alfredo Brañas, universitario (1999), Valores constitucionales. Introdución a la Filosofía del Derecho: axiología jurídica (1999) e La filosofía del derecho penal en la Universidad de Santiago: (1800-1970) (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe da casa imperial de Austria e das casas reais de Hungría e Bohemia, e pretendente a estes tronos, fillo e herdeiro do Emperador Carlos I (Carlos IV de Hungría) e de Zita de Parma. Exiliouse cos seus pais en 1972, e, despois de asinar unha renuncia aos seus dereitos de sucesión, conseguiu o permiso para residir en Austria. Doutor en Ciencias Políticas e Sociais, foi membro do Parlamento Europeo (1979-1998) e preside, desde 1973, a Unión Paneuropea Internacional. Publicou numerosas obras sobre política, historia e política social europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode outorgar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de outorgar.

      1. Documento, contrato ou testamento outorgado.

      2. Parte final dunha escritura notarial que contén a fórmula onde se outorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen outorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder algunha cousa que se pide ou pregunta.

    2. Conceder un premio ou unha distinción.

    3. Facer un contrato ou unha escritura declararando ou dispoñendo algo diante de notario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Seguidor primeiro de D. O’Connell e despois cartista, foi deputado no Parliament (1832-1835). En 1841 converteuse no líder indiscutible do cartismo. Fundou a National Land Company que demandou a parcelación dos latifundios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora estadounidense. Promovida en 1915 polo marchante Alfred Stieglitz, foi unha das pioneiras do modernismo no seu país. Formou parte do grupo de A. Stieglitz, e a súa pintura buscou formas case abstractas. A elegancia e a sensualidade que transmitía deu paso, en moitas ocasións, a suxestións de tipo sexual. Das súas obras destaca Black Cross (1929), Mule´s skull with pink poinsettias (1937) e Pelvis with moon (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico alemán. A súa obra, centrada principalmente na temática psicolóxica e social, é a ponte entre o expresionismo e o naturalismo alemán. Da súa produción destacan Die freudlose Gasse (A rúa sen alegría, 1925), Geheimnisse einer Seele (Misterios dunha alma, 1926), Die Büchse der Pandora (A caixa de Pandora, 1929), Das Tagebuch einer Verlorenen (Tres páxinas dun diario, 1929), Der Prozess (O proceso, 1948) e Der letzte Akt (O derradeiro acto, 1955), sobre a caída do Terceiro Reich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Citólogo romanés. Estudou medicina na Universidade de Bucarest, onde foi profesor, e traballou no Instituto Rockefeller de Nova York e na Universidade de Yale. Estudou a estrutura das células animais, en que descubriu os ribosomas e a estrutura das mitocondrias. En 1966 recibiu o Premio Lasker de Investigación Médica Básica e, xunto con C. Rene de Duve e A. Claude, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1974), polos seus descubrimentos da estrutura e da organización funcional das células.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar grego. Acadou o grao de coronel (1960) e actuou nos servizos de información militar ata 1967, ano en que, despois do Golpe dos Coroneis, se apoderou do goberno. Gobernou ditatorialmente, favorecendo a corrupción e exercendo a represión de intelectuais, políticos e obreiros. Proclamou unha república e aboliu a monarquía (1973), e declarouse o seu presidente, pero foi derrocado poucos días despois. En 1975 foi xulgado e condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola cadea perpetua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista grego, fillo de Papandreu. Ocupou dous ministerios sucesivos no goberno de seu pai (1964-1965). Prendido pola Ditadura dos Coroneis, en 1967 exiliouse. En 1974 volveu a Grecia, onde fundou e encabezou o Panellino Socialistiko Kinima (Movemento Socialista Panhelénico, PASOK). Foi primeiro ministro de Grecia (1981-1989 e 1993-1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego, pai de Andreas Georgios Papandreu. Fundador do partido socialdemócrata, tivo que exiliarse durante a ditadura de I. Metaxas. Loitou contras os alemáns (1941-1944) e, en Exipto, foi o xefe do goberno grego no exilio. Como representante da Unión do Centro, foi primeiro ministro grego (1963), pero entrou en rivalidade con Constantino II, que o destituíu (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador bizantino. Na corte bizantina destacou pola súa formación polígrafa, e acadou as máis altas dignidades civís e eclesiásticas. Das súas obras destaca Ñùìáïê ἠ ‘Éóôïñίá (Historia bizantina), en 13 libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Capitán da mariña mercante, foi gobernador civil de Pontevedra (1987-1994) e voceiro do Grupo Socialista na Deputación de Pontevedra. Ademais de colaborar en varios medios de comunicación, principalmente sobre temas marítimos e políticos, é autor de diversas obras sobre historia marítima, das que destacan Realidad y ficción en la piratería (1993), El corso español en el siglo XVII (1993), O pirata da Moureira (1994) e El último pirata (1996). Recibiu o Premio de Ecoloxía Galicia, o Paul Harris Fellow de Rotary International, a Gran Cruz del Mérito Naval e a Gran Cruz del Mérito Policial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sarkis Parajanian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guitiriz baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Mondoñedo-Ferrol que abarca o concello de Guitiriz, con dez parroquias matrices e catro anexas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que ten a súa orixe en Parga (Lugo). Trae como armas, en campo de azul, tres faixas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, catro bandas de goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de goles, tres barras de prata, afastadas; en segunda partición, losanxado de ouro e goles. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de sable, cargada de tres flores de lis de prata, acompañada na parte superior dun ferro de lanza de prata en banda, e na parte inferior, dun castelo de azul, sobre rochas; segunda partición, en campo de prata, un carballo de sinople, acompañado de dúas caldeiras de sable, unha en cada flanco.

    VER O DETALLE DO TERMO