"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1788-1808), neta de Filipe V e de Luís XV de Francia. Casou en 1765 co futuro Carlos IV. Ambos os dous tiveron que abdicar, como consecuencia do Motín de Aranjuez (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e humorista gráfico. É un dos artistas máis representativos do cómic en Galicia, e principal impulsor, xunto con Reimundo Patiño, da banda deseñada galega. Promotor e director do Museo do Humor de Fene e director da revista Sapoconcho, desde a década de 1970 comprometeuse na defensa do uso da lingua galega no cómic e nos medios de comunicación. En 1975 editou con R. Patiño 2 Viaxes, o seu primeiro álbum. Tamén cómpre salientar outros traballos como Gaspariño (1978), Alcacén para gaitas (1980), Dos pés á testa (1986), O ABC do cómic (1995), Feito a man (1997) e Malfeito bufón (2003), ademais da súa colaboración en obras doutros autores.   Colaborador de numerosos medios de comunicación como Can sen dono, Chan, La Codorniz, Diario16, Golfiño, El Ideal Gallego, Das Kapital, Luzes de Galicia, A Nosa Terra, Teima e, desde 1988, en La Voz de Galicia, realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, en Madrid e Barcelona, e noutras cidades europeas como Lorient. Coa crise do Prestige,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán de infantería, morreu fusilado en Carral pola súa participación no Levantamento de Solís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Choiva moi miúda que cae suavemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer unha choiva suave e miúda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión admistrativa de Turquía, formada por dez iller (85.560 km2; 13.750.262 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno mar situado entre o NO da península da Anatolia e a Turquía europea (11.500 km2). O estreito de Bósforo e o de Dardanelos comunicano co Mar Negro e o Exeo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome da rexión costeira do N de África que comprendía desde o delta do Nilo ata a Cirenaica. Tratábase dunha rexión desértica percorrida polos nómades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elaboración gastronómica feita con froita reducida á polpa e azucre, que se obtén pola mestura das dúas cousas e a súa cocción. Nalgúns tipos (ameixa e pexego) a cocción é sen azucre, pero normalmente acada un 45-65% de sacarosa. A consistencia varía segundo o tempo de cocción. As pastas, ou marmeladas sólidas (como a de marmelo), obtéñense cocendo a polpa con xarope, ata que, por arrefriamento, resulta unha masa sólida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore ou arbusto de 1,5 a 6 m de altitude, que presenta follas caducas, ovadas, enteiras e alternas. As flores son solitarias, grandes, co pedúnculo case nú e de pétalos de cor branca-rosada e de froito en pomo, denominado marmelo. Os marmelos son globosos ou piriformes, fragrantes, de pel grosa e tomentosa. É orixinario de Irán e Turquestán, e cultívase en gran parte de Europa.

    2. Arbusto espiñento de 1 a 3 m de altura, de follas alternas lanceoladas e serradas, flores escarlatas e froitos tipo poma, globulares e verdosos. Cultívase en xardinería. É orxinario de Extremo Oriente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito comestible do marmeleiro, que é de cor amarela e con forma de pera, pero máis irregular. Utilízase para facer marmelada.

    2. Marmelada compacta de marmelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar moi baixo.

      1. Facer ruído a corrente da auga no río.

      2. Facer ruído as follas das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Monxe bieito, foi prior de Mont-César en Lovaina (1899) e abade de Maredsous (1909). Os seus escritos, como Le Christ vie de l’âme (1918), Le christ dans ses mystères (1919) e Le Christ idéal du moine (1922), convertérono nun dos grandes mestres contemporáneos da vida interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista francés. Realizou o Retable de Saint Bertin para a abadía de Saint-Omer (1459), en que presenta unha forte influencia flamenga. Como miniaturista fixo as Grandes Chroniques de Saint-Denis e o Pontifical de Sens.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ola de metal con asas e tapadeira axustada.

    2. Cavidade formada no leito dos ríos ou torrentes polas rochas, que erosionan ao seren arrastradas pola corrente do río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa como axudante de cociña, especialmente nun barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista. Das súas obras, caracterizadas pola violencia dialéctica en contra do ditador Rosas, destacan os libros de poemas El peregrino (1846), A Rosas el 25 de Mayo (1843) e Armonías (1851-1854), e a novela Amalia (1851), coa que deu comezo a novelística arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTAÑA

    Montaña dos Alpes Orientais, Italia, que pertence aos Dolomiti e está situada entre os vales de Fassa e San Pellegrino. O seu cumio acada os 3.342 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO