marmelada
marmelada
(< marmelo)
s
f
[ALIM]
Elaboración gastronómica feita con froita reducida á polpa e azucre, que se obtén pola mestura das dúas cousas e a súa cocción. Nalgúns tipos (ameixa e pexego) a cocción é sen azucre, pero normalmente acada un 45-65% de sacarosa. A consistencia varía segundo o tempo de cocción. As pastas, ou marmeladas sólidas (como a de marmelo), obtéñense cocendo a polpa con xarope, ata que, por arrefriamento, resulta unha masa sólida.