"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo que presenta autotrofia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos autotropismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento tropístico autónomo mediante o cal un órgano vexetal recupera ou tende a recuperar a posición normal, a dirección de crecemento, etc, logo de ser previamente desviada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acina preparada con xermes illados do mesmo individuo ao que lle vai ser administrada. Coa autovacina preténdese dipoñer dun antíxeno nas mellores condicións de especificidade. Poden actuar como desensibilizantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acinación efectuada mediante unha autovacina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nun endomorfismo dun espazo vectorial, cero do polinomio característico. Se f é un endomorfismo dun espazo vectorial, os autovalores de f son as solucións da ecuación polinómica en λ: det (f - λx) = 0. Tamén se chama valor propio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento da propia valía, que pode oscilar entre o sentimento de superioridade e o de inferioridade. O individuo mide as propias accións segundo o eu ideal. A autovaloración ten un gran valor psicodiagnóstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos vectores que corresponden ao autovalor λ dun endomorfismo dun espazo vectorial f, que á súa vez constitúen o Ker (f - λx), é dicir: os vectores e tales que f(e) = λe. Os autovectores de f poden interpretarse como aqueles elementos sobre os que o endomorfismo f actúa coma unha homotecia. Tamén se denomina vector propio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estradas que, sen reunir todos os requisitos das autoestradas, posúen calzadas separadas para cada sentido da circulación e limitación de accesos ás fincas lindeiras. As autovías, tamén a diferenza das autoestradas, non se ceden en explotación a empresas concesionarias; nelas, a circulación é libre e non está sometida a peaxe, quedando a súa xestión e conservación en mans das administracións públicas competentes. A construción de autovías en España tivo un enorme impulso na década de 1980. A partir de entón optouse decididamente por esta tipoloxía de estrada para construír vías de alta capacidade por todo o territorio español, abríndose unha gran cantidade de quilómetros que facilitan unha comunicación máis fluída tanto entre o centro peninsular e a periferia como, en menor medida, entre distintas rexións periféricas. En Galicia existen actualmente dúas grandes autovías deseñadas coa finalidade de axilizar as comunicacións co centro da Meseta. A primeira delas é a A-6 ou Autovía do Noroeste,...
-
-
Reprodución na que intervén un só individuo que se produce a si mesmo.
-
xeración espontánea.
-
-
-
Aplícase ao que se xera por si mesmo, ao que se produce independentemente.
-
Refírese á soldadura de metais que se realiza sen intervención de materiais extraños, fundindo con soprete de osíxeno e acetileno as partes que se queren soldar.
-
Dise dos minerais que forman parte dunha rocha e que se formaron ao mesmo tempo ca o resto da rocha.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
autoodio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeobotánica que se ocupa do estudo de cada taxon particular, en oposición á sinxeobotánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción conxunta de diferentes tipos de enerxía no mesmo lugar no que van ser utilizadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de organización das actividades sociais (produtivas, comerciais, administrativas, etc) que se desenvolven mediante a cooperación e o compromiso na toma de decisións por aqueles que participan no proceso. As consecuencias deste sistema son: eliminación da distinción entre quen toma as decisións e quen as executa, e obtención da autonomía de decisións de toda a unidade produtiva. Como sistema económico fai referencia a un modelo determinado de organización do proceso de xestión no interior das empresas, que require os seguintes principios: superación da alienación obreira con respecto ao produto realizado; control directo sobre a plusvalía do produto; eliminación da propiedade capitalista e plena autonomía de xestión dos distintos colectivos de traballo. Como sistema social oponse ao modelo centralista e planificado das decisións, e modifica as relacións sociais e persoais debido á apropiación do poder de decisión contra calquera autoridade. Como sistema político difire do autogoberno...
-
-
Feito mediante a autoxestión.
-
Que actúa empregando a autoxestión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello voador no que a sustentación se obtén mediante un rotor provisto de varias aspas que fan a función de ás e que xira sen acción do motor mediante o fenómeno de autorrotación. O movemento de traslado conséguese por calquera sistema de propulsión aérea, aínda que xeralmente son hélices, que van colocadas na parte dianteira do aparato. O autoxiro é unha aeronave intermedia entre o helicóptero e o avión, pode voar de xeito controlado a velocidades moi baixas e pode permanecer case inmóbil no aire, de xeito semellante ao helicóptero. Foi inventado polo enxeñeiro Juan de la Cierva, quen solicitou a súa patente no ano 1920. O modelo C-30 voou por primeira vez no ano 1932.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pólipo das colonias dalgúns antozoos, de tamaño grande, adaptado para absorber o alimento e sexuado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zoom que automaticamente se autorregula segundo a distancia existente con respecto ao obxecto ou persoa que se quere fotografar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula orixinada por fecundación dentro do proceso de auxosporulación. Unha grande parte das auxosporas das diatomeas corresponden a auxocigotos.