"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de obtención do carbono sódico, descuberto en 1791. Por reacción do ácido sulfúrico sobre cloruro sódico obtense sulfato sódico. Este, quentado con coco e carbonato cálcico nun forno xiratorio, redúcese a sulfuro, o que, por reacción coa calcita, dá o carbonato sódico.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Introduciu en Rusia o barroco francés. Proxectou os planos de Peterburgo e edificou o palacio e os xardíns de Peterhof. Escribiu Traité de la théorie et de la pratique du jardinage.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Trasmonte (Ames). Está formado por unha torre de planta cadrada dos ss XV-XVI no corpo máis estreito, á que se engadiu un corpo que lle dá ao conxunto a forma dun L. Consérvase un escudo do s XVIII. Ten capela, pombal e outras construcións adxectivas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de adiviñación por medio do son que fan pedras preciosas ou outros obxectos ao caeren dentro dunha bacía de metal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques, da familia das lecanoráceas, que forma cotras sobre rochas e sobre cortizas e que presenta o talo crustáceo e apotecios de disco plano, pardo ou negro e bordo hialino.
-
-
Relativo ou pertencente ás lecanoráceas.
-
Lique da familia das lecanoráceas.
-
Familia de liques, da orde das lecanorais, que comprende liques crustáceos con apotecios provistos de marxe hialino e presenta asociadas algas gonidiais clorofíceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos apotecios dos liques que teñen bordo hialino.
-
PERSOEIRO
Novelista francés. Coñecido como Roland Dorgelès, presidiu a Academia Goncourt desde 1955. As súas primeiras obras, Croix de Bois (1919) e Le Cabaret de la Belle Femme (1995), son testemuños sobre a Primeira Guerra Mundial. Parte das súas novelas reflicten tamén as súas lembranzas como artista en Montmartre. Escribiu tamén Carte d’identité. Récit de l’occupation (1945) e Vacances forcées (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. En 1877 inventou a pila eléctrica que leva o seu nome, de longa duración e 1,5 V de tensión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Medievalista francés. Foi monxe beneditino en Clervaux, Luxemburgo, e en 1948 emprendeu a edición crítica das obras de Bernardo de Claraval. A partir da súa obra L’amour des lettres et le désir de Dieu. Introdution aux auteurs monastiques du Moyen Âge (1957) desenvolveu a teoloxía monástica, na que, sen preocupacións científicas, a escritura é o soporte permanente dunha elevación contemplativa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico francés. Colaborou no establecemento dos fundamentos da análise espectroscópica. Descubriu o samario, o galio o holmio e mailo disprosio, e considérase un dos fundadores da electroscopia. É autor de Spectres lumineux destinés aux recherches de chimie minérale (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, delimitado ao S pola provincia de Albacete (1.896 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Traballou en diversas universidades estadounidenses, no Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN), colaborou no Brookhaven National Laboratory de Nova York (1955) e dirixiu o Laboratorio Fermio, en Batavia, Illinois (1979-1989), do que é director emérito. En 1988, xunto con M. Schwartz e J. Steinberger, recibiu o Premio Nobel de Física polo descubrimento do neutrino muónico en 1962 e pola demostración da dobre estrutura dos leptóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritora. Foi profesora de Comunicación audiovisual na facultade de Ciencias de Información de Barcelona, decana da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Comunicación audiovisual e Publicidade da mesma universidade Exiliada en Portugal (1974-1976), exerceu como lectora de lingua galega na facultade de Letras de Porto. Foi redactora de El Ideal Gallego (1977-1980) e de El Noticiero Universal e dirixiu o semanal A Nosa Terra (1977-1980). Impulsou a creación das revistas Escrita, da AELG, Festa da palabra silenciada e A Trabe de Ouro. É autora dos libros de poesía Parolar cun eu, cun intre, cun inseuto (1970) e O corvo érguese cedo (1973), das obras de narrativa Mamá-fe (1983), Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985), Porta blindada (1989), Línguas mortas, serial radiofónico (1989) e Historias como Barcelona...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi un dos promotores da revolución de 1848, ministro do Interior do goberno provisional e membro da comisión executiva. Oposto a Luís Napoleón, exiliouse en Londres (1849), onde constituíu o Comité Democrático Europeo xunto con G. Mazzini e L. Kossuth.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Deuse a coñecer internacionalmente coa película Hsi yen (Banquete de voda, 1993, Goldener Bär en Berlín). Destacan tamén Yin shi nan nu (Comer beber home muller, 1994), Sense and Sensibility (1995, Goldener Bär e Oscar ao mellor guión adaptado), The Ice Storm (1997), Ride with the Devil (1999), Wo hu cang long (Tigre e Dragón, 2000, gañadora de dous Goldener Bär) e Hulk (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Christopher Lee, Terence Fisher converteuno en protagonista das novas versións de Frankenstein (1957) e Drácula (1958). Dentro do cine fantástico interpretou outros personaxes clásicos como The Mummy, Sherlock Holmes ou Rasputin. Da súa filmografía destacan The face of Fu Manchu (1965), Caravans (1978), Mask of Murder (1985), Ivanhoe (1997), Star Wars: Episode II- Attack of the Clones (2002) e The Lord of the Rings (triloxía, 2001-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico taiwanés. Nacionalizouse estadounidense e traballou na Universidade de Chicago e no Laboratorio Lawrence Berkeley da Universidade de California. En 1986 recibiu, xunto con J. C. Polanyi e D. R. Herschbach, o Premio Nobel de Química polos seus estudios sobre os mecanismos básicos das reaccións químicas, e por dar orixe a unha nova rama da química, a dinámica de reaccións.
VER O DETALLE DO TERMO