Lee, Yuan Tseh

Lee, Yuan Tseh

Químico taiwanés. Nacionalizouse estadounidense e traballou na Universidade de Chicago e no Laboratorio Lawrence Berkeley da Universidade de California. En 1986 recibiu, xunto con J. C. Polanyi e D. R. Herschbach, o Premio Nobel de Química polos seus estudios sobre os mecanismos básicos das reaccións químicas, e por dar orixe a unha nova rama da química, a dinámica de reaccións.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Hsinschu, Taiwán