"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor italiano. Cofundou a revista Officina (1955) e codirixiu Alfabeta. Da súa produción destacan Fumo, fuoco e dispetto (1956), La cantica (1959), Un lavoro mentale (1976) e Campo di battaglia (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Impartiu elocuencia en Alexandría (Exipto) e educou a Oríxenes. Morreu martirizado (204) baixo Septimio Severo. A súa festividade celébrase o 22 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duquesa de Aquitania, de Gascoña e de Poitiers (1137-1169, 1199-1204), raíña de Francia (1137-1152) e raíña de Inglaterra, filla de Guillerme X de Aquitania. Herdou o Ducado de Aquitania en 1137, ano en que casou con Luís VII de Francia. O Concilio de Beaugency anulou o matrimonio en 1152 e ese mesmo ano casou con Enrique Plantagenet, futuro Enrique II de Inglaterra. Aliouse cos seus fillos na conspiración contra o pai, e uniu á causa ao seu primeiro home, feito que desencadeou o seu confinamento en prisión durante 15 anos. Ante as aspiracións dos fillos polo trono, defendeu en primeiro lugar a Ricardo I de Inglaterra Corazón de León fronte a Xoán I de Inglaterra Sen Terra, pero morto o primeiro, defendeu a Xoán fronte a Filipe Augusto de Francia. Posuía un alto nivel cultural e promoveu a poesía trobadoresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Castela (1170-1214), filla de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Casou en 1170 con Afonso VIII de Castela, co que o Ducado de Gascoña quedou anexionado á coroa. Fundou en Burgos o mosteiro de Las Huelgas.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e escritor. Abandonou a medicina pola literatura. Influído por N. J. Danilevskij, propugnou para Rusia un mesianismo bizantino político, social e relixioso nas súas obras Rusia e O oriente e os eslavos (1885-1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Margrave de Austria. Fundou santuarios e mosteiros como o de Santa Cruz de Viena (1127). A súa festividade celébrase o 15 novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leopoldo II.
-
PERSOEIRO
Gran duque de Toscana (1824-1848 e 1849-1859), fillo de Fernando III e neto do Emperador Leopoldo II. Soberano liberal, concedeulle unha constitución aos seus súbditos, pero en 1848 tivo que fuxir trala instauración dun goberno provisional republicano. Restablecido no poder coa axuda de Austria, foi expulsado definitivamente en 1859.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe mozárabe. Converteuse en Córdoba en discípulo de santo Euloxio. A súa festividade celébrase o 20 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Naupacta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate naval que se desenvolveu o 7 de outubro de 1571 no golfo do mesmo nome, entre as potencias integrantes da Liga Santa e Turquía, a causa da expansión desta polo Mediterráneo oriental. O ataque turco (1570) a Nicosia, que era posesión veneciana, fixo que a monarquía española, representada por Filipe II, os Estados Pontificios, Venecia e algúns estados italianos, se aliasen nunha terceira Liga Santa ou Liga de Lepanto, baixo o patrocinio do Papa Pío V. Constituíron unha flota de preto de 280 barcos e uns 80.000 homes, que partiu de Messina cara a Cefalonia, dirixida polo capitán xeneral Xoán de Austria, con Álvaro de Bazán e Alessandro Farnese como xefes das escuadras secundarias. Aínda que a flota turca era superior, foi derrotada, co que se conseguiu frear a súa expansión momentanemente.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Discípulo de Corot, foi un dos predecesores do impresionismo. Pintou paisaxes das ribeiras do Sena, como Le port de Caen e Le Seine à Saint-Cloud.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás leptosporanxiadas.
-
Planta da subclase das leptosporanxiadas.
-
Subclase de plantas, da división dos pterófitos, que se caracteriza por presentar esporanxios que se forman a partir dunha soa célula e teñen paredes unistratificadas.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Foi director das páxinas literarias de ABC e guionista cinematográfico. Tratou aspectos da problemática social española. Publicou Los olvidados (1957), Los clarines del miedo (1958), Hemos perdido el sol (1964), Las últimas banderas (1967, Premio Planeta) e El hombre que volvió al paraíso (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lercho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
San Salvador de Lérez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Lérez (Pontevedra). Coñecido tamén como San Bieito de Lérez, foi fundado por monxes beneditinos en 886 ou en 916, data da que se conserva unha doazón de Ordoño II ao abade Guntado. No s XVI converteuse en Colexio de Humanidades e Teoloxía, onde se formaron o padre Feijoo e frei Martín Sarmiento, ata a exclaustración de 1835. Da primitiva igrexa románica só se conservan algunhas pedras labradas nos muros que se reutilizaron posteriormente. Foi reformada no Renacemento e en épocas posteriores. Ten planta de nave única con cuberta abovedada sostida por arcos faixóns e dúas capelas que dan á nave con cubertas cupuladas, unha delas dedicada a san Bieito, e do que se conserva unha imaxe do s XVI. O retablo maior está organizado en dous corpos: o primeiro coa imaxe do Salvador, e o superior coas imaxes de san Bernaldo e san Bieito. No muro S do templo atópase pegado parte do claustro a xeito de pórtico con arcos de medio punto e unha galería superior, formada...
-
-
Que ou quen gusta de falar moito e sobre cousas sen relevancia.
-
Que ou quen anda sempre con brincadeiras ou a inventar cousas.
-
-
PERSOEIRO
Político. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, foi membro do PSPV-PSOE, e en 1980 converteuse no seu secretario xeral. Foi deputado no Parlamento (1979-1983) e senador desde 1995. Conselleiro de traballo no goberno preautonómico (1978-1979), foi presidente da Generalitat Valenciana (1983-1995). Ocupou o ministerio de Administracións Públicas (1995-1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Reflectiu sobre todo a vida militar e a da alta burguesía do seu país cunha técnica moi coidada. Destacan os contos Der Herr von Paris (O cabaleiro de París, 1936) e Der Baron Bagge (O barón Bagge, 1936), e a novela Mars im Widder (Marte en Aries, 1941).
VER O DETALLE DO TERMO