"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Etnólogo e prehistoriador. Subdirector do Musée de l’Homme (1945), foi profesor na Universidade de Lyon desde 1956 e, posteriormente, foi nomeado profesor no College de France e membro do Institute de France. Estudiou os procesos seguidos para o desenvolvemento das técnicas humanas. Da súa produción destacan La Civilisation du renne (1936), Hommes de la préhistoire (1955), Le geste et la parole (1964-1965), La préhistoire (1966), Le fil du temps (1982) e Mécanique vivante (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Formou parte da candidatura republicana de Barcelona nas eleccións para deputados de 1901. Reelixido en 1903, despois de participar na reorganización da Unión Republicana, aglutinou á maior parte dos grupos republicanos barceloneses (1903-1905). Novamente reelixido en 1905, opúxose ao movemento de Solidaritat Catalana, pero foi derrotado nas eleccións de 1907 e expulsado da asemblea de Unión Republicana. En 1908 creou o Partido Republicano Radical. Elixido deputado por Barcelona, tivo que exiliarse de novo en 1917 polas súas vinculacións co movemento folguista. Durante a Segunda República española foi ministro de Estado, entre abril e decembro de 1931, pero o seu enfrontamento cos socialistas levouno ao abandono da coalición gobernamental. Foi presidente da República entre setembro de 1933 e setembro de 1935, e ao incorporarse a CEDA ao poder tivo que facer fronte á insurrección de outubro de 1934. Ministro de Estado no goberno de Chapaprieta, entre setembro e outubro de 1935,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Muller homoxesual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Homosexualidade feminina. O seu nome vén de Lesbos, illa grega do mar Exeo, onde na época clásica había unha comunidade de mulleres que practicaban esta clase de amor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao lesbianismo ou á muller lesbiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria ligada ao sexo masculino, que está causada por un trastorno do metabolismo das purinas que provoca nos pacientes retraso mental e outros trastornos neurolóxicos. Foi descrita en 1964 polos pediatras estadounidenses M. Lesch e W. L. Nyhan.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Sichuan, China, situada no S de Chengdu (341.128 h [1990]). É un porto fluvial ás beiras do río Min Jiang.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral, primeiro conde de Leven. Serviu no exército sueco onde acadou o grao de mariscal (1636). Volveu a Escocia en 1638 e interveu na guerra entre parlamentarios ingleses e partidarios do covenant escocés (1642-1646). Vencido Carlos I de Inglaterra, defendeu a monarquía, ata que as súas tropas foron vencidas por Cromwell (1649-1650).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta romántico. Das súas obras destacan Laka (A pradeira, 1920) e Napoj cienisty (Embriagada de sombras, 1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático e administrador. Cónsul no Cairo en 1833, ocupouse da educación de Sa’īd, fillo de Mu Palatino; ḥ ammad ‘Alī e interesouse polo proxecto de apertura dun canal entre o Mediterráneo e o Mar Vermello. Cónsul en Barcelona (1842-1848), foi ministro plenipotenciario en Madrid (1848-1849). En 1854 obtivo de Sa’īd a concesión da compañía internacional que abriría e explotaría o canal de Suez. En 1876 fundou unha compañía para abrir o canal de Panamá e iniciou os traballos, pero a empresa crebou en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Relacionado cos escritores das Irmandades da Fala e da Xeración Nós, cos que colaborou en diversas actividades, reflectiu na súa obra algúns aspectos autobiográficos e vivencias, costumes e hábitos das persoas do seu contorno. Emigrou a La Habana, onde decidiu dedicarse ao xornalismo en Eco de Galicia (1925-1930), no que mantivo a sección “De mi tierra”, e publicou algúns artigos en A Nosa Terra. O seu primeiro libro foi Manecho o da rúa (1926), que reflicte algunhas experiencias autobiográficas na súa estadía en Cuba e a saudade polas terras americanas. Posteriormente tirou do prelo Estebo (1927), unha obra localizada na Coruña, en que tamén analiza a problemática da emigración cubana, e Abellas de ouro (1930), unha colección de 13 retratos, sobre todo de mulleres próximas ao autor, mesmo por vínculos familiares, localizada tamén na súa parroquia natal e na illa cubana, de grande interese polos deus aspectos etnográficos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e filósofo. Sobresaíu no debuxo de termos médicos. Vangardista do vitalismo e do neohipocratismo, obstaculizou a introdución da medicina organicista e opúxose ao positivismo filosófico e ao evolucionismo biolóxico con argumentos de raíz tomista. Escribiu Discurso sobre la naturaleza y origen del hombre (1867), El pro y el contra de la vida moderna desde el punto de vista médico-social (1874), Curso de patología general (1883-1889), onde desenvolveu a súa famosa fórmula de la vida: V=f (I-C), segundo a que a vida é a resultante da función derivada das relacións entre a enerxía individual (I) e o cosmos (C). Compuxo algunhas pezas para canto e unha Missa de requiem, estreada en El Escorial en 1888.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Roma que deu o seu nome aos Plantii Laterani, que Constantino doou ao papa para erixir alí a sé do bispado en Roma. O conxunto monumental está formado pola basílica de San Giovanni (s VI), o palacio de Letrán, construído polo Papa Sisto V, sé da curia diocesana de Roma; o baptisterio, iniciado por Constantino e modificado nos ss V e XVII, o claustro do antigo mosteiro de San Pancracio (s XII) e a Scala Santa que conduce ao Sancta Santorum (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno concilio ecuménico, celebrado en 1123. Foi o primeiro concilio que tivo lugar en Occidente, convocado por Calisto II para confirmar o Concordato de Worms e poñer fin á querela das investiduras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo concilio ecuménico, convocado por Inocencio II en 1139 para poñer fin ao cisma do antipapa Anacleto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Undécimo concilio ecuménico, convocado por Alexandre III en 1179 para poñer fin ao cisma do antipapa Calisto III. Ditou normas sobre a elección do papa, condenou a doutrina e ratificou a paz con Federico I Barbarrubia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Duodécimo concilio ecuménico, convocado por Inocencio III en 1215. Tratou da futura cruzada (a quinta, en 1217) e favoreceu a Cruzada Albixense. Confirmou a decisión do Concilio de Montpellier de desposuír a Ramón IV das súas terras de Languedoc, redactou unha fórmula de fe onde aparece a palabra transubstanciación, estableceu a obrigatoriedade da confesión anual e da comuñón pascual, condenou as doutrinas de Xoaquín de Fiore e recoñeceu no patriarcado de Constantinopla o primeiro lugar despois de Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Décimo oitavo concilio ecúmenico, celebrado entre 1512 e 1517, convocado por Xulio II fronte a un sínodo cismático reunido en Pisa por Luís XII de Francia e continuado por León X. Ratificou o concordato con Francisco I de Francia, estableceu a superioridade do papa sobre o concilio e definiu a doutrina da inmortalidade da alma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordos diplomáticos entre o Reino de Italia e o Estado do Vaticano asinados o 11 de febreiro de 1929 por Mussolini e o secretario de Estado, o cardeal Gasparri, polo que se puña fin ao conflito entre a Italia unificada e os Estados Pontificios, desaparecidos de feito coa ocupación de Roma en 1870. Comprendían tres documentos: un tratado político que recoñecía o Estado do Vaticano; o concordato que recoñecía a Igrexa católica como oficial do estado italiano, as escolas confesionais e as subvencións dos cregos, entre outras medidas; e o libramento dunha cantidade en efectivo, 750 millóns de liras, e outros 100 millóns en títulos do estado, en concepto de reparacións polas requisicións e os prexuízos causados coa ocupación de Roma en 1870.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, que presenta follas alternas, pecioladas, flores en capítulos pedunculados, con lígulas amarelas ou brancas e froito en aquenio con vilano en coroa escariosa. En Galicia florece entre marzo e xullo a especie L. flaveola.