Lerroux García, Alejandro

Lerroux García, Alejandro

Político. Formou parte da candidatura republicana de Barcelona nas eleccións para deputados de 1901. Reelixido en 1903, despois de participar na reorganización da Unión Republicana, aglutinou á maior parte dos grupos republicanos barceloneses (1903-1905). Novamente reelixido en 1905, opúxose ao movemento de Solidaritat Catalana, pero foi derrotado nas eleccións de 1907 e expulsado da asemblea de Unión Republicana. En 1908 creou o Partido Republicano Radical. Elixido deputado por Barcelona, tivo que exiliarse de novo en 1917 polas súas vinculacións co movemento folguista. Durante a Segunda República española foi ministro de Estado, entre abril e decembro de 1931, pero o seu enfrontamento cos socialistas levouno ao abandono da coalición gobernamental. Foi presidente da República entre setembro de 1933 e setembro de 1935, e ao incorporarse a CEDA ao poder tivo que facer fronte á insurrección de outubro de 1934. Ministro de Estado no goberno de Chapaprieta, entre setembro e outubro de 1935, viuse implicado no escándalo de Estraperlo e de Taya, polo que dimitiu. O seu partido foi derrotado en febreiro de 1936. Despois da sublevación de 1936 exiliouse en Portugal ata 1947.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Rambla, Córdoba

  • Deceso

    Lugar : Madrid