"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Fundación creada polo pintor Antoni Tàpies en 1984 para o estudo da arte contemporánea. En 1990 inaugurouse a súa sede no edificio da antiga editorial Montaner i Simon de Barcelona. As súas actividades céntranse na investigación artística e na organización de exposicións, seminarios, conferencias, concertos e actividades culturais de arte contemporánea. A biblioteca está especializada en arte de culturas non occidentais e arte do s XX e ten un arquivo exhaustivo sobre o pintor Tàpies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero insectívoro do xénero Neomys ou Galemys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado no alto val do río Guadarrama, aos pés da serra de Guadarrama (16.503 h [1996]). Ten gandería ovina e bovina (dedicada especialmente á cría de touros), e industria e agricultura. É sobre todo un centro de veraneo. Do seu patrimonio cultural destacan os restos dunha calzada romana, a igrexa da Asunción (s XVI) e a Casa Veleta, construída en tempos de Filipe II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [nome oficial: Archipiélago de Colón] Arquipélago e provincia de Ecuador, no Pacífico, a 1.000 km do país (8.010 km2; 14.713 h [estim 1997]). A capital é Puerto Baquerizo Moreno (3.023 h [1990]). Consta de trece illas, a principal é Isabela, e dezasete illotes, de orixe volcánica e clima temperado a causa da corrente de Humboldt, con escasa vexetación. A fauna, pobre en especies, presenta formas primitivas de tartarugas e iguanas. A poboación agrúpase na capital, na illa de San Cristóbal. O recurso económico principal é a pesca. Os conquistadores españois déronlle o nome de illas Encantadas. Non foron colonizadas ata 1832. Son Parque Nacional dende 1952.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encontro das velas contra os paos ou contra a xarcia, especialmente cando parou o vento pero continúa a marexada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen anda sucio ou vestidos con galdrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea rota, sucia e gastada.

    2. Peza de roupa moi gastada, vella e sucia.

    3. Persoa que viste con roupas moi gastadas ou que é descoidada no seu aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial establecida a comezos do s XVIII sobre a que exercía a súa xurisdición un capitán xeneral con sede na Coruña. A finais do s XV apareceu a figura do gobernador capitán xeneral de Galicia, coas atribucións de xefe militar e presidente da Audiencia. Os Reis Católicos nomearon a Fernando de Acuña para este posto (1480) e entre as súas atribucións destacaban levantar en armas unha ou varias comarcas e contar co apoio de toda a xente de armas do país. A Capitanía Xeneral de Galicia estivo en perigo de desaparición coa refundición das capitanías de Castela A Vella e Galicia (1893), pero a forte oposición da Asociación Regionalista Gallega levou ao goberno a retirar a proposta. Polo Real Decreto de 2 novembro de 1904 creouse a VII Rexión Militar do exército de terra, formada polas provincias de Valladolid, León, Salamanca, Oviedo, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. O Real Decreto de 17 de xaneiro de 1907 reorganizou a Capitanía Xeneral de Galicia da que formaron parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello formado por un mango e un aro, ao redor do cal se coloca unha rede e que serve para pescar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Altos Alpes, Francia (36.262 h [1997]). A súa situación nunha encrucillada de vías de comunicación converteuna nun centro comercial e desde hai pouco nun núcleo industrial. Antigo campamento romano co nome de Vapiricum, constituíu na Idade Media un importante centro comercial do val do Rhône. Do seu patrimonio cultural destacan a casa do concello (s XV) e a igrexa dos Cordeliers (s XVIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desaxuste real entre dúas magnitudes económicas. Fálase, por exemplo, de gap entre a oferta e a demanda, entre gastos e ingresos, etc.

    2. Intervalo de enerxía da banda prohibida dun semicondutor, é dicir, a diferencia de enerxía entre o mínimo absoluto da banda de condución e o máximo absoluto da banda de valencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subir por algún lugar utilizando as mans e os pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de doces ou froitos garapiñados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que un líquido se solidifique formando grumos.

    2. Recubrir algo, especialmente froitos secos, cun xarope ou caramelo que cando se derrete forma grumos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Fundador da Agrupación cultural O Sacho, publicou o poemario Ata romper o ceo (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de roupa ampla e exterior, en forma de túnica con mangas, que se pon sobre a roupa para evitar que se manche.

    2. Calquera cousa coa que se cobre algo para evitar que se encha de po.

    3. Peza de madeira que remata e sobresae dunha construción, especialmente dun retablo, para protexela do po.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedrafita situada en Moraña, nun descampado dun pequeno bosque, que presenta dificultades á hora de ser interpretada como resto prehistórico debido á ausencia de restos arqueolóxicos na zona onde se asenta. Cunhas dimensións de 1,90 m de altura, 0,44 m de ancho e un grosor de 0,25 m, presenta na súa superficie granítica varios gravados e máis dunha vintena de coviñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cría do coello.

      2. Coello que aínda é novo.

    1. Persoa gorda e pequena.

    2. sabela.

    VER O DETALLE DO TERMO