"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • CIDADES

    Cidade do ken de Aichi, na illa de Honshū, Xapón, situada ao SL de Nagoya (328.711 h [1997]). Hai industrias téxtiles, alimentarias e de instrumentos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo molecular xaponés. Profesor na Universidade de Nagoya, descubriu os segmentos de Okazaki, cadeas curtas de ADN que na súa duplicación se sintetizan por separado e se unen despois para formar a cadea seguida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Golfista. Iniciou a súa carreira profesional en 1985, aínda que non conseguiu ningún título individual importante ata 1994, en que venceu no Masters de Augusta. Participou na Copa Ryder xunto ao equipo europeo (1987, 1989, 1991, 1993, 1997 e 1999) e gañou o torneo de Dubay (1998) e novamente o Masters (1999). En 2000 venceu no Open Benson and Hedges, en 2001 no torneo de Francia, e en 2002 no de Hong Kong.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Nafarroa, situado na ladeira N da serra de Urbasa e drenado polo río Araquil (1.649 h [2001]). É un centro industrial do cemento, da madeira, da alimentación e das construcións mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Puga (Toén). Composta por varios edificios, algúns deles en estado ruinoso, presenta muro de cerramento, dous patios e capela. Conserva tres portóns ameados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • António de Oliveira Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Almeiras (Culleredo). Datado a finais do s XVII ou comezos do s XVIII, ten planta en forma de L e un patio, en que se alza un cruceiro. As fachadas están caleadas e presenta marcos de cantaría granítica, en portas e fiestras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que se asentou en Parada de Ribeira (Xinzo de Limia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización paramilitar creada en 1926 polo réxime fascista italiano que se encargou da formación da xuventude. A sección masculina comprendía os Balilla (de 6 a 13 anos) e os Avanguardisti (de 14 a 18 anos), e a feminina as Picole Italiane (de 6 a 12 anos) e as Giovane Italiane (de 13 a 18 anos). O nome provén do alcume que se deu ao adolescente que provocou o alzamento xenovés contra os austríacos en 1746.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade lingüística fundada en 1916 en San Petersburgo que reunía a investigadores da linguaxe en xeral, discípulos de J. I. Baudouin de Courtenay (L. Jakubinskij) e estudosos da linguaxe poética, especialmente V. Šklovskij, B. Eigenbaum, J. Tin’anov, B. Tomačevskij e O. Brik. Facían crítica literaria e retomaron o estilo esbozado por Aristóteles na Poética, na medida en que consideraba o feito literario como unha estrutura formal da linguaxe. Desapareceu cara a 1926 baixo a presión ideolóxica do stalinismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. A construción inicial datouse cara ao s X, pero reedificouse posteriormente sobre a antiga cimentación. Presenta tres naves de tres tramos, separados por piares que cargan arcos forneiros e cuberta de madeira a dobre vertente. O esquema orixinal foi o mesmo que se empregou na basílica de Santiago de Compostela e en templos do s X.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Orbán (Vilamarín). Ten planta irregular con patio exterior. Conserva a capela pegada ao edificio principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, que está situado ao N dos Montes de Toledo e bañado polo regato de Valdecabras, afluente do Tajo (2.669 h [2001]). As actividades económicas predominantes son as derivadas da agricultura e da gandaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Implicado na rebelión de Sanjurjo (1932), en 1936 foi destinado a Canarias. Tras o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 foi alto comisario de Marrocos e asegurou o paso das tropas á Península Ibérica. Dirixiu os exércitos de Levante (1938-1939), foi capitán xeneral de Catalunya (1939-1941) e xefe do Estado Maior (1945-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei otomán (1326-1359), fillo de Osmán I. Ampliou o seu imperio mediante sucesivas conquistas militares como Nicea, Nicomedia ou pequenos principados de Anatolia. Apoiou a Xoán VI Cantacuceno contra Xoán V Paleólogo e obtivo del axuda contra os serbios (Gallipoli, 1354) e consolidou dese xeito a súa posición en Europa. Reorganizou o imperio e situou a capital en Brusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ahura Mazdā.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano sasánida de Persia. Sucedeu a Cosroes I de Persia e foi mal visto polos nobres pola súa tolerancia cos cristiáns e as clases populares. Durante a guerra contra Bizancio (581-590) o xeneral rebelde Bahrām Čobēn traizoouno e foi condenado a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador e crítico literario. Catedrático de Lingua e Literatura da Universidad de Granada, é autor de estudos sobre mística castelá e especializouse   na literatura castelá do Século de Ouro. Da súa obra destacan Temas del Barroco. De poesía y pintura (1947), El teatro y la teatralidad del Barroco (1969), Manierismo y Barroco (1970), Góngora y Quevedo, poetas (1972), Lope y Góngora frente a frente (1973) e Qué es el “Arte nuevo” de Lope de Vega? (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO