Opera Nazionale Balilla

Opera Nazionale Balilla

Organización paramilitar creada en 1926 polo réxime fascista italiano que se encargou da formación da xuventude. A sección masculina comprendía os Balilla (de 6 a 13 anos) e os Avanguardisti (de 14 a 18 anos), e a feminina as Picole Italiane (de 6 a 12 anos) e as Giovane Italiane (de 13 a 18 anos). O nome provén do alcume que se deu ao adolescente que provocou o alzamento xenovés contra os austríacos en 1746.

Palabras veciñas

open* | OPEP | ópera | Opera Nazionale Balilla | operábel | operable | operación