operación
(< lat operatĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de operar.
-
s
f
Acción que implica a aplicación dun principio ou dunha regra para a obtención dun determinado resultado.
-
[MAT]
-
s
f
Aplicación do produto cartesiano de dous conxuntos noutro. As operacións en que os tres son o mesmo conxunto, como nas catro regras aritméticas, denomínanse operacións internas. As operacións en que o segundo e o terceiro conxunto son iguais, como na multiplicación dun vector por un escalar, denomínanse operacións externas.
-
operación aritmética
Calquera das catro operacións, suma, resta, multiplicación ou división.
-
operación binaria
Operación entre dous elementos.
-
operación directa
Calquera das operacións de adición, multiplicación, potenciación e derivación cando son consideradas en relación ás súas inversas respectivas, subtracción, división, radicación e integración.
-
operación inversa
Aplicación que permite obter, dado un resultado e un dos factores dunha operación, o outro factor de dita operación, como por exemplo a resta, que é a operación inversa da suma.
-
s
f
-
[BÉL]
-
s
f
Conxunto de accións que levan a cabo diversas unidades militares para cumprir cunha finalidade determinada, de acordo cun plan establecido previamente.
-
centro de operacións
Lugar desde o que se dirixen as operacións militares.
-
operación de castigo
Incursión militar en terreo contrario efectuada como represalia por un mal recibido do inimigo.
-
período de operacións
Tempo en que se desenvolven un conxunto de operacións militares relacionadas entre elas de xeito que unhas son consecuencia ou antecedente das outras.
-
plan de operacións
Conxunto de instrucións concretas para un período de operacións que inclúe as finalidades perseguidas polo mando, as misións das unidades e os termos que se deben cubrir.
-
teatro de operacións
Lugar onde se desenvolven os feitos militares.
-
s
f
-
-
s
f
[ECON]
Transacción económica, sexa de funcionamento xeral (operación bancaria) ou estritamente especulativa (operación bolsista). Fálase de operacións a termo cando se establece o acordo de facela efectiva, material e monetariamente, nunha data posterior, en previsión de posibles variacións de prezos.
-
operación acordeón
[ECON]
Redución a cero do capital dunha sociedade para pasar simultaneamente a aumentalo coa emisión de novas accións que son subscritas polos antigos accionistas ou outros novos co obxecto primordial de sanear o patrimonio social.
-
s
f
[ECON]
-
s
f
[MED]
Intervención directa sobre certas partes danadas do corpo co fin de eliminalas total ou parcialmente (ablación, amputación), facerlles algunha corrección ou substituílas por outras artificiais ou procedentes doutras persoas (transplantes). Outras veces ten por finalidade practicar unha drenaxe (fístulas), extraer corpos estraños ou formacións perigosas (tumores) ou efectuar unha adecuada diagnose (laparotomía exploratoria).
-
s
f
[INFORM]
Calquera acción ben establecida, en especial a que se emprega para obter unha información a partir duns datos dados aplicando unhas determinadas regras. Un ordenador normalmente pode executar operacións aritméticas, lóxicas e doutros tipos, como o cotexo, a selección ou a comparación.
-
operación de simetría
[XEOL/FÍS/QUÍM]
Movemento que, aplicado a unha figura ou corpo, fai que este quede nunha posición que non se pode distinguir da posición orixinal. As operacións de simetría están definidas pola diferente utilización dun elemento de simetría (eixes, planos, centro de simetría e eixes de inversión) ou a combinación dalgúns deles e interveñen no establecemento do concepto de sistema cristalino.