operador -ra

operador -ra

(< lat operatōre)

  1. adx e s

    Que ou quen opera.

  2. s

    cirurxián.

  3. s

    Técnico que se encarga de poñer en funcionamento e supervisar determinados aparatos.

  4. s [IMAX]

    Denominación xenérica que se aplica ao director de fotografía e ao cámara nunha produción cinematográfica.

  5. s [IMAX]

    Técnico que manipula un proxector (operador de cabina ou de proxección) ou que se encarga do control de son (operador de son) nunha proxección cinematográfica.

  6. s [COMUN]

    Persoa ao cargo do servizo telefónico manual, que ten as funcións de establecer as comunicacións, atender as chamadas dos abonados e poñer os abonados en comunicación.

  7. s [INFORM]

    Persoa a cargo dun sistema informático, coa misión de supervisar o encadeamento correcto das tarefas e preparar os diferentes periféricos. Comunícase normalmente por medio dunha consola.

  8. s m [MAT/FÍS]

    Aplicación entre dous conxuntos de funcións.

  9. xene operador [XEN]

    Xene que encabeza a fila dos xenes estruturais na síntese dunha proteína. Mentres está inhibido por un represor, a actividade dos xenes estruturais está bloqueada, pero unha vez que o operador está libre, reemprende a síntese da proteína.

Palabras veciñas

operación | operacional | operacionismo | operador -ra | operando | operante | operar