operar
(
-
v t
Realizar algo cun determinado fin.
Ex: A folga operou o cambio de goberno.
-
v t
Realizar unha operación cirúrxica.
Ex: Operárono da cadeira tras o seu accidente automobilístico. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O equipo médico operou durante case vinte horas.
-
v i
Realizar algo ou alguén a súa función.
Ex: Os traballadores operaban cunha maquinaria obsoleta.
-
v i
Levar a cabo operacións matemáticas.
Ex: Os ordenadores modernos operan con millóns de números.
-
v i
Realizar ou negociar actos comerciais.
Ex: É presidente dunha compañía que opera en bolsa.
-
v i
Realizar ou executar accións bélicas.
Ex: O seu batallón operaba na zona norte do país.
-
v pron
Someterse a unha operación cirúrxica.
Ex: Operouse de cataratas nunha prestixiosa clínica.
-
v pron
Realizarse ou producirse un resultado.
Ex: A finais da década de 1970 operáronse numerosos cambios dentro da sociedade española.
Palabras veciñas
operador -ra | operando | operante | operar | operario -ria | operatividade | operativo -vaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles opero
operas
opera
operamos
operades
operan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operaba
operabas
operaba
operabamos
operabades
operaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operei
operaches
operou
operamos
operastes
operaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operara
operaras
operara
operaramos
operarades
operaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operarei
operarás
operará
operaremos
operaredes
operarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operaría
operarías
operaría
operariamos
operariades
operarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles opere
operes
opere
operemos
operedes
operen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operase
operases
operase
operasemos
operasedes
operasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operar
operares
operar
operarmos
operardes
operaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
opera
-
-
operade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles operar
operares
operar
operarmos
operardes
operaren
operada
operados
operadas