"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Proceso de conservación de alimentos que utiliza a mestura de dúas técnicas: en primeiro lugar, a deshidratación parcial do produto por aire quente para reducir aproximadamente o 50% de auga, e posteriormente unha conxelación rápida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química mediante a que o hidróxeno se elimina ou se substitúe por outro elemento dun composto. Realízase normalmente en presenza dun catalizador metálico e nos sistemas biolóxicos mediante as deshidroxenases. Un exemplo é a oxidación de alcois en aldehidos e en ácidos, ou a substitución do hidróxeno por halóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deshumanizar ou deshumanizarse. O concepto empregouno José Ortega y Gasset no seu ensaio La deshumanización del arte (1925), para referirse á característica fundamental da arte que defendían certos movementos de vangarda. Supón a eliminación do sentimental, de todo o que teña relación coa intimidade do home, en favor do conceptual. A arte convértese nun exercicio intelectual que deixa á marxe todo o que non sexa exclusivamente estético. Liberados de todo compromiso, social, cultural, relixioso ou político, os obxectos artísticos teñen sentido en si mesmos polos seus valores estéticos. Concibe a arte como xogo intranscendente, usa a ironía como factor distanciador da materia tratada e nega toda interpretación sentimentalista. A influencia posterior do surrealismo e o compromiso político e social de moitos artistas fixo que se abandonase progresivamente este concepto. Síntoma deste cambio foi a publicación do ensaio El nuevo Romanticismo (1930), de José Díaz Fernández,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de designar.

      1. Relación existente entre un elemento lingüístico (signo) e un elemento non lingüístico (concepto, propiedade, proposición, etc). A designación non establece unha relación entre o signo lingüístico e a realidade á que se refire, senón que establece unha relación entre o elemento linguístico e o concepto elaborado polos humanos para referirse a esa realidade.

      2. designación sinonímica

        derivación sinonímica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de disolver as silicificacións de certos vexetais para o seu estudio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desimantar ou desimantarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desincorporar ou desincorporarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desincrustar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación da estrutura ecónomica dunha área concreta, onde o sector industrial representaba previamente unha gran porcentaxe na produción e na distribución da poboación ocupada. Este cambio pode enmarcarse dentro dun proceso de desenvolvemento ou, polo contrario, pode ser consecuencia dunha grave crise. No primeiro caso, débese ao traslado das instalacións industriais cara a outras localizacións con condicións máis favorables para o desenvolvemento das actividades (solo máis barato, mellores comunicacións cos mercados e cos provedores de materias primas ou marco fiscal e lexislativo máis propicio), pero os centros de decisión mantéñense na área de orixe, que experimenta unha terciarización da súa economía. No segundo caso, a desindustrialización pode ser resultado dunha perda de competitividade que finalmente derive na inviabilidade das actividades industriais instaladas nesa área, de xeito que se xeran un conxunto de problemas sociais e económicos que poden levar ao declive dos centros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de accións dirixidas a eliminar, destruír ou inactivar os xermes nocivos ou os microorganismos patóxenos que un obxecto ou un ser vivo poden conter ou que o poden acompañar. Os procedementos habituais de desinfección son o lavado cunha disolución acuosa de desinfectante, a pulverización ou a impregnación das superficies a tratar e a fumigación con gases en lugares pechados. A desinfección de obxectos inanimados é un problema diferente da desinfección de tecidos vivos. No primeiro caso, hai que destruír todos os xermes (esterilización) xa que, se permanecen vivas algunhas bacterias, se reproducen rapidamente. No segundo caso, os tecidos vivos dispoñen de mecanismos de defensa contra a invasión bacteriana, e a finalidade dos desinfectantes usados (antiséptico) é a de axudar á xa mencionada defensa; moitas veces é suficiente a inhibición do crecemento dos xermes.

    2. Práctica de cultivo que se emprega na horticultura intensiva, consistente na aplicación de fumigantes ou vapor de auga para destruír ou polo menos reducir a poboación de parasitos e patóxenos do solo que se puidesen desenvolver como consecuencia dun cultivo precedente, a uns niveis economicamente aceptables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desinflamar ou desinflamarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desinformar.

    2. Falta de información.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desinhibir ou desinhibirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desinsacular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos encamiñados a destruír insectos e outros artrópodos, especialmente se son patóxenos ou transmisores de enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desintegrar ou desintegrarse.

      1. Proceso que provoca un cambio na estrutura interna dun núcleo atómico. Pódese producir de forma espontánea ou pode estar provocado pola interacción con partículas ou fragmentos nucleares de alta enerxía; neste caso recibe o nome de reacción nuclear. Distínguense dous tipos principais de desintegracións, as alfa (α) e as beta (β), que se diferencian en que a primeira ten un espectro discreto de enerxía, mentres que na segunda é continuo. Xunto con estes fenómenos prodúcese a miúdo unha radiación electromagnética (γ). Existen na natureza toda unha serie de núcleos radioactivos: os de número atómico superior a 82, que proveñen das desintegracións do uranio 238, do torio 232 e do uranio 235, e teñen unha vida media moi longa; os de número atómico inferior a 82, coma por exemplo o potasio 40; e, finalmente, os que se forman de xeito espontáneo por mor das reaccións nucleares, coma o tritio e o carbono 14. Hai tamén radionúcleos artificiais, coma o cobalto 60 ou o cesio 137. A...

      2. constante radioactiva/de desintegración

        Coeficiente de proporcionalidade que relaciona o número de núcleos que se desintegran por unidade de tempo co número de núcleos presentes naquel instante. As magnitudes derivadas da constante de desintegración son a vida media e o período radiactivo.

      3. desintegración alfa

        Desintegración dun núcleo por emisión dunha partícula alfa.

      4. desintegración beta

        Desintegración dun núcleo por emisión dunha partícula beta ou por captura dun electrón cortical.

      5. desintegración dobre beta

        Desintegración pola que os neutróns dun átomo se transforman en dous protóns e inxectan dous electróns e dous antineutróns.

      6. desintegración non radiactiva

        Desintegración dun átomo ou molécula dun estado excitado a un estado de menor enerxía sen emisión de radiación electromagnética.

    2. Proceso de redución das dimensións dos sólidos como resultado da aplicación de forzas de compresión ou de cortes efectuados nun desintegrador. Esta operación vai ligada sempre á obtención final dunha medida de partícula controlada, e tamén a unha dispersión estatística das dimensións das partículas.

    3. Proceso ou situación de disgregación dos elementos dun sistema social producido por unha carencia de cohesión interna, da organización funcional, ou pola desaparición dos intereses comúns. No caso dun grupo, a desintegración é consecuencia da perda de identificación co grupo por parte dos membros, ou da disolución da estrutura do grupo pola acción de axentes esóxenos ou endóxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso no sistema bancario polo que os demandantes e os ofertantes de recursos financeiros organizan a cesión destes directamente, é dicir, evitando que pasen polas entidades de crédito. En España, este é o caso das obrigas do Tesouro e de empresa, colocadas directamente polos seus emisores entre o público inversor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desintoxicar ou desintoxicarse.

    2. Conxunto de procesos que reducen ou diminúen os efectos nocivos de substancias tóxicas, como drogas ou velenos. Realízase a través da redistribución, da biotransformación, fundamentalmente no fígado,da eliminación pulmonar, urinaria, dixestiva ou doutras, e tamén co uso de antídotos. OBS: A grafía < x > representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desionizar ou desionizarse.

    2. desmineralización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que determina a perda do trazo normalmente labializado dunha articulación nunhas circunstancias determinadas. Por exemplo, en galego perdeuse o elemento labial do grupo [k + w] latino en QUĬD > que e QUŌMŎDŎ > *QUOMO > como, e do grupo [(g) + w] xermánico, como en werra > guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO