"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • ENSEADAS

    Enseada do litoral occidental de Galicia, formada na desembocadura do río Xallas. Baña o litoral das parroquias do Ézaro (concello de Dumbría), O Pindo (Carnota) e A Ameixenda (Cee).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Conde de Ezpeleta de Beire. Gobernador en Cuba (1785-1789) e vicerrei en Nueva Granada (1789-1797), foi presidente do Consello de Castela e capitán xeneral de Catalunya en 1808. Trala Guerra da Independencia foi nomeado capitán xeneral de Navarra (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entomólogo francés. Considerado un dos fundadores da entomoloxía, retirouse a Serignan, onde se dedicou ao estudo dos insectos. Realizou un gran número de investigacións que recolleu na súa obra máis importante Souvenirs entomologiques (1870-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fábrica de lenzos tinguidos e prensados fundada en Mondoñedo por Luís López Lombardía por orde dunha Real Cédula do 27 de setembro de 1738. A concesión fíxose en principio por dez anos, coa condición, entre outras, de fabricar 54.000 pezas de todas as cores, de quince varas de longo e unha de ancho, de igual calidade cás fabricadas polo gremio de mercería, especiería e droguería de Madrid, e coa obriga de vendelas por fardos ou pezas a 4 reais a vara e as vermellas a 70 reais a peza. Instalada nun amplo edificio construído no barrio de San Lázaro, converteuse nun centro abastecedor de considerable importancia. Non obstante , a escaseza de lenzo ocasionou o seu peche a finais do s XVIII. O edificio aproveitouno o episcopado para establecer un obradoiro co fin de proporcionar traballo a prostitutas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chama alta que desprende un corpo en combustión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de política económica e social definido polo presidente estadounidense Harry Truman en 1949. Pretendía continuar a política de New Deal, profundizando máis nas cuestións de carácter social (educación, seguridade social e emprego).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de faixear.

    2. Conxunto de faixas que cobren as portas pola súa parte externa e interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colocar a faixa a unha construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Camiñar pola faldra dunha montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor francés. Formouse na École des Beaux Arts de Toulouse e de París e, despois de obter o Prix de Rome en 1859, na Académie de Beaux Arts de France en Roma. As súas obras escultóricas representan o monumentalismo de finais do s XIX. Entre outras, destaca a fonte de Rouen (1879), realizada co arquitecto Perthis. Cultivou tamén o nu feminino, entre o que sobresaíu Danseuse (Danzarina, 1886), e os temas anecdóticos e simbólicos, entre os que destaca A dama do pavo real (1890). Noutras obras, das que cómpre salientar Víctor Hugo, achegouse a Rodin. Como pintor non acadou relevancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Desbastar o tronco dunha árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de falsear.

      1. Desvío lixeiro dun paramento respecto da perpendicular.

      2. Corte dunha pedra ou madeira falseada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alterar a natureza dunha cousa de xeito que deixe de ser verdadeira.

    2. Perder resistencia unha cousa.

    3. Realizar un falseamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código de medicamentos que cada Estado declara oficial e obrigatorio e que recolle as normas oficiais de preparación, ensaio, dispensación, etc, dos medicamentos e, cada vez máis, os estándares de calidade, identidade e actividade das substancias medicamentosas de uso máis común. Este código é redactado e revisado periodicamente por unha comisión científica. Co desenvolvemento da farmacia apareceron diversas farmacopeas a partir do s XVI. Os estados máis avanzados teñen farmacopea propia, nalgúns é publicada con periodicidade e regularidade, como na Gran Bretaña a British Pharmacopoeia, e nos EE UU a USP que se edita cada cinco anos, e noutros aperiodicamente. A primeira farmacopea hispana foi Concordie Aphotecariorum Barchinonensium, que se publicou en Barcelona en 1511, segunda do mundo, superada en antigüidade soamente por Nuovo Receptario (1498). A primeira farmacopea española obrigatoria para todo o Estado foi Pharmacopoeia Matritensis (1739)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caer a neve en forma de farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Membro do Parlamento de Irlanda do Norte desde 1949, ocupou diversas carteiras ministeriais: Interior (1959-1963), Comercio (1963-1969), e foi elixido primeiro ministro en 1971. Partidario do poder compartido entre protestantes e católicos, fracasou no intento de crear un Parlamento moderado e unionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador. Durante a súa estadía en Londres (1909-1917) formouse na Royal Academy e na Slade School of Fine Art. Está considerado como o iniciador da pintura matérica e o antecedente do informalismo. Das súas obras destaca a serie Les Otages (1943-1945) e Têtes de partisans (1956-1957).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Profesor de Economía Medieval na Université de la Sorbonne (1969-1997), foi director xeral dos Archives de France (1975-1994), presidente da Bibliothèque Nationale de France (1994-1997) e, desde 1997, presidente da comisión francesa da UNESCO. Especializado en historia da Alta Idade Media, a maior parte dos seus traballos centráronse no ámbito da diplomática e da arquivística francesa. Das súas obras destacan Les Finances pontificales à l’époque du grand schisme d’Occident 1378-1409 (1966), La Guerre de Cent ans (1982) e La France médiévale, les Grandes Découvertes, Philippe le Bel et Chronique de la Révolution (1988). Foi galardoado, entre outros, cos títulos de Oficial da Légion d’Honneur e da Ordre National du Mérite e co de Commandeur da Ordre des Arts e Lettres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Adscribiuse ao grupo Tel Quel e foi cofundador do colectivo e da revista Change (1968). Publicou, entre outras obras, Entre les rues (1958), Fleuve renversé (1959), Battement (1962), Couleurs pliées (1965), Le récit unique (1967), Les troyens (1970) e La théorie du récit (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO