"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

    1. Tira de seda, la ou muselina que se coloca arredor do colo da camisa cun nó ou lazo na parte dianteira.

    2. Banda que forma unha lazada e que está pousada no extremo da hasta dunha bandeira ou dun estandarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica ou vende gravatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou sección comercial onde se venden gravatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao corpo sometido á gravidade.

      1. Que é importante, transcendente ou que pode ter consecuencias prexudiciais.

      2. Aplícase a situacións ou accións que son susceptibles de ter algún perigo ou dano.

      1. Que expresa dignidade, respecto ou seriedade.

      2. Aplícase ao estilo de carácter serio e elevado.

    2. Aplícase ao son que no seu espectro acústico presenta unha concentración de enerxía nas frecuencias baixas. Segundo R. Jakobson, son graves os fonemas consonánticos labiais e velares, cun resoador largo e ben compartimentado, que se opoñen aos palatais e dentais, chamados agudos.

      1. Nome que se aplica a algúns movementos lentos dunha sonata, dunha sinfonía, etc. Na música francesa do s XVII e XVIII adoitaba ser o principio do primeiro movemento, seguido dun allegro.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Funambulista francés. Coñecido como Blondi, fíxose famoso polas súas travesías, sobre unha corda tensada, sobre o Niágara (1859), o Sena e o Támesis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate que tivo lugar o 13 de xullo de 1558 preto da cidade francesa de Gravelines, departamento do Nord, entre o exército de Filipe II, apoiado pola escuadra inglesa do conde de Egmont, e as tropas francesas, ao mando do duque de Guise. Trala vitoria do exército angloespañol, os franceses víronse obrigados a asinar o Tratado de Cateau-Cambrésis (22.4.1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza celebrada na cidade francesa de Gravelines en xullo de 1520 entre Carlos I e Enrique VIII de Inglaterra. Nela establecéronse os termos para a cooperación marítima no Mar Cantábrico e para o casamento de Carlos I con María I de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena. Iniciou a súa carreira no Teatro Nacional de Zagreb en 1922 e participou no desenvolvemento do teatro croata e iugoslavo. En 1926 ocupou o posto de director do Teatro Nacional de Belgrado, que tivo que abandonar en 1929 debido á súa orientación política progresista, momento no que decidiu traballar en teatros de vilas e cidades. Entre 1947 e 1949 estableceu o Teatro Nacional esloveno de Ljubljana, e entre 1949 e 1953 volveu ao Teatro Nacional de Croacia para rematar a súa carreira no Teatro Dramático de Zagreb, que dirixiu entre 1954 e 1961. A súa obra abrangue todos os rexistros, desde a traxedia á ópera, e co seu traballo contribuíu á promoción de diversas xeracións de intérpretes e creadores teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador. De nome Hubert--François Bourguignon. Residiu en Londres (1732-1745), onde publicou un Traité de Perpective e fundou unha escola de debuxo. Realizou escenas da vida contemporánea, e ilustrou, entre outras obras, o Decameron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome holandés da Haia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Catedrático da Universidade do Cairo e profesor de poesía da Universidade de Oxford, baseou a súa narrativa en temas históricos con preferencia pola Antigüidade clásica. Da súa produción destacan Fairies and Fusiliers (1917), Claudius the God (1934), Count Belisarius (1938), Homer’s Daughter (1955), King Jesus (1946), The White Goddess (1948) e The Greek Myths (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Kent, Inglaterra, Reino Unido. É un porto fluvial da beira dereita do Támesis, augas abaixo de Londres. A actividade industrial está moi ligada ao tráfico fluvial e comprende a fabricación de papel, cemento, reparación de barcos e industrias mecánicas. Fundada no s XII, do seu patrimonio cultural destacan, entre outras, a igrexa de Saint George (s XVIII) e a Custom House.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Gravetense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo lítico do inicio do Paleolítico Superior (26.000 a C-20.000 a C) que tomou o nome do xacemento occitano de La Gravette (Dordogne). Incluído primeiramente no Auriñacense, considerouse máis tarde como unha fase superior do Perigordense. Caracterízase polo predominio da técnica de dorso rebaixado na industria lítica cos fósiles directores da punta de La Gravette e o buril de tipo Noialles, pola presenza de pezas óseas con marcas de caza e polo desenvolvemento da arte moble e rupestre. Durante este período acadaron o seu máximo esplendor as representacións de figuras humanas femininas, as venus, entre as que destacan a de Willendorf (Austria), a de Lausel (Francia) e a dama de Brassempouy (Francia). Estendeuse por Europa central e meridional e Rusia, onde recibiu o nome de Pavloviano. Na Península Ibérica, entre os xacementos deste período destacan Cueto de la Mina (Asturias), a cova de El Pendo (Cantabria) e Bolinkoba (Euskadi), onde apareceron burís do tipo Noailles, puntas...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de grave.

      2. Que é ou amosa unha actitude digna e seria.

      1. Forza de atracción que, a causa da gravitación, exerce a terra ou outro astro calquera sobre os corpos materiais e que os fai caer cunha aceleración, que se denomina aceleración da gravidade g, que é independente da súa masa. O valor de g varía coa distancia ao centro da Terra e, localmente, tamén varía pola presenza no subsolo de materiais de densidade apreciablemente diferente da medida (gravimetría). A composición da gravidade coas outras forzas presentes no contorno dun astro determina a pesantez. As diferencias entre os valores que se esperan e os que se observan da gravidade en certos lugares levaron a propoñer unha quinta forza repulsiva (antigravidade) e unha sexta forza atractiva.

      2. centro de gravidade

        centro de gravidade.

    1. Teoría que se enunciou en 1938, segundo a que os dobramentos e os mantos de corremento son resultado do acercamento rápido dunha zona con cobertura que os provoca cando esta se separa e se despraza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de grávido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está en período de xestación.

    2. Que está cheo ou cargado de algo.

    3. Que é pesado e pouco áxil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da xeofísica que se ocupa da medida da aceleración da gravidade g (fundamentalmente, mediante o estudio do péndulo e da caída libre) e da medida cun gravímetro das anomalías que esta aceleración presenta.

    2. Técnica de análise química cuantitativa, que se basea na determinación directa do peso da substancia problema contido nun peso predeterminado de mostra, ou na do peso dun derivado daquela substancia. O proceso dunha determinación gravimétrica inclúe a pesada e a disolución da mostra, o tratamento adecuado da solución que se obtén para separar ou enmascarar os elementos que poderían interferir na pesada final, e a precipitación do elemento desexado ou do derivado que se pesa. Case sempre se purifica o precipitado, mediante unha dixestión prolongada en contacto coas augas nais ou por nova precipitación. O precipitado, unha vez que se obtén, íllase por filtración ou lavado; sométese a algunha clase de tratamento térmico e pésase. O tratamento térmico pode ser un simple quentado na estufa, por exemplo, a 110°C; pero ás veces trátase a unha temperatura superior (ata 1.200°C nalgúns casos), co fin de convertelo nunha forma estable e de fórmula química definida. Na electrogravimetría, o elemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á gravimetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato que serve para medir a anomalía da aceleración da gravidade. Os gravímetros dinámicos baséanse na medida do período de oscilación dunha masa oscilante que se somete á forza da gravidade e a outra forza ou par antagónicos. Os gravímetros estáticos, que máis se empregan, baséanse na medida da posición de equilibrio dunha masa que se someten ás mesmas forzas.

    2. Tipo de aerómetro para determinar o peso específico dos sólidos.

    VER O DETALLE DO TERMO