"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

  • Movemento literario de finais do s XIX que agrupou os poetas simbolistas partidarios das composicións escritas con versículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alzamento popular siciliano que tivo lugar en 1282 contra Carlos I de Nápoles, debido aos seus abusos e opresións sobre os súbditos. Os sicilianos ofrecéronlle a coroa a Pedro III de Aragón, que despois de intervir militarmente na illa, pasou a reinar como Pedro I de Sicilia (1282-1285). O conflito, porén, non rematou ata 1302, coa sinatura da Paz de Caltabellota.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos vespertiliónidos.

    2. Mamífero da familia dos vespertiliónidos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos quirópteros, de medidas moi variables (entre 25 e 1 m de lonxitude), que presenta unha soa falanxe rudimentaria no segundo dedo da man e tres no terceiro. Son basicamente insectívoros e agrupan case 300 especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de viable.

    2. Probabilidade que ten un disemínulo ou un organismo de prosperar ou sobrevivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Foi membro do padroado do Museo Municipal Quiñones de León e realizou carteis e portadas para libros. De estilo realista e romántico, pintou Francisquiño o santeiro, Eduardo Iglesias (1916) e Luis Taboada (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Comezou fotografando os seus compañeiros de traballo e logo profesionalizouse en Catalunya, no estudo de Julio Pallí. De volta a Soutelo (1955) fíxose con numerosos clientes da comarca, desprazándose polas aldeas para facer retratos de vodas, velorios, comuñóns ou do DNI. A súa obra caracterizouse pola naturalidade e a dignidade das poses, e unha coidada escenografía no exterior, en que introducía todo tipo de elementos (coches, animais ou fondos vexetais). Con preferencia polo branco e negro, na década de 1970 introduciu a cor e fotografou escenas cotiás, labores agrícolas e actos sociais. Abandonou a fotografía en 1980. A súa obra reflicte a evolución da sociedade da época, o mundo da emigración e as súas consecuencias en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo quinto concilio ecuménico convocado polo Papa Clemente V en Vienne (1311-1312) para tratar o tema dos templarios. Dividiuse en tres sesións dirixidas por Filipe IV de Francia, que estableceu unha pugna co Papa Bonifacio VII e en 1312 obrigou o papado a suprimir a orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Explorador e xeógrafo. Descubriu o golfo de San José e o río Negro (1779). Confeccionou cartas náuticas do río Negro, do golfo de San Matías e do tramo entre o río Negro e o Colorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escravo do Imperio Romano que tiña ao seu cargo funcións de tipo policial. Pénsase que na época carolinxia representaba o chanzo máis baixo da escala administrativa, velaba pola economía das terras e administraba xustiza sobre quen as habitaba. Na Coroa de Castela denominouse, a partir do s XI, meiriño e prepósito segundo o dirixise un señorío laico ou eclesiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora rusa. Coñecida como Marko-Vovčok, escribiu Rasskazy in narodnogo russkogo byta (Contos da vida popular rusa, 1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratar a alguén de forma degradante ou con desprezo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de vilipendiar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou implica vilipendio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do xermánico Williulf, de wil ou viljia ‘vontade’ e ulf ‘lobo’, metaforicamente ‘guerreiro’: ‘o guerreiro da forte vontade’. Deu lugar aos topónimos Guillufe e Guillurfe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Fundou e dirixiu a revista Galicia Católica. Das súas obras destacan La libertad de pensamiento dentro del dogma (1887) e Minúsculas. Año Santo de 1909 (1910). Foi elixido membro numerario da Real Academia Galega (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, conde de Villiers de L’Isle-Adam. En París coñeceu a Ch. Baudelaire, a través de quen coñeceu a Edgar A. Poe. Ademais de poesía, escribiu as novelas L’Eve future (1886), L’amour suprême (1886) e Tribulat Bonhomet (1887), as narracións recollidas en Contes cruels (1883) e Nouveaux contes cruels (1888), e o drama Axel (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran mestre da orde de San Xoán de Xerusalén. Dirixiu a defensa de Rodas, onde estaba o centro da orde, contra Solimán II, pero tivo que capitular e abandonar a illa (1522). Obtivo de Carlos V o arquipélago maltés, onde instalou a residencia da orde (1530).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de viril.

    2. Conxunto das características físicas e sexuais do home.

    3. Idade do home comprendida entre a adolescencia e a vellez asociada á súa capacidade reprodutora.

    4. Potencia sexual do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. masculinismo.

    2. Hermafroditismo no que o individuo se considera feminino, pero ten xenitais externos masculinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • masculinización.

    VER O DETALLE DO TERMO