vílico

vílico

(< lat villĭcu < villa)

s m [HIST]

Escravo do Imperio Romano que tiña ao seu cargo funcións de tipo policial. Pénsase que na época carolinxia representaba o chanzo máis baixo da escala administrativa, velaba pola economía das terras e administraba xustiza sobre quen as habitaba. Na Coroa de Castela denominouse, a partir do s XI, meiriño e prepósito segundo o dirixise un señorío laico ou eclesiático.