"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
FILOSOFOS
Filósofo lituano. Naturalizado francés, o seu pensamento, na liña fenomenolóxica de Husserl e Heidegger e no marco da tradición xudaica, profundizou no home a partir doutro modo de ser ou máis alá da esencia. Escribiu De L’existence à l’existant (1947), Totalité et infini (1961), Difficile liberté. Essai sur le judaïsme (1963) e Autrement qu’être ou au-delà d l’essence (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor esloveno. Figura destacada do s XIX, é autor da novela Martin Krpan (1858), primeiro modelo da prosa literaria eslovena. Tamén destacou como poeta e crítico literario.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade militar creada polo Real Decreto de 28 de xaneiro de 1920 coa denominación de Tercio de Extranjeros. O seu primeiro xefe foi o tenente coronel de infantería Xosé Millán--Astray Terreros. Participou no Desembarco de Alhucemas (1925) e na pacificación de Marrocos. Durante a Guerra de África recibiu diferentes denominacións, como Tercio de Marruecos e Tercio, e en 1937 adoptou o nome de Lexión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Yesa (Nafarroa). Forma parte do Camiño de Santiago e foi fundado polos monxes cluniacenses sobre os restos dun cenobio visigótico do s VI. Durante a dominación árabe (ss IX-X) foi refuxio dos reis e bispos de Pamplona ata que Almanzor o destruíu. Reconstruído por Sancho III o Maior entre 1022 e 1098, en 1307 foi doado á orde do Císter. Permaneceu deshabitado desde a exclaustración de 1835 ata 1954, data en que se estableceron os beneditinos procedentes de Santo Domingo de Silos. A cabeceira do coro e a cripta, que foi panteón dos reis de Navarra no s XI, construíronse en estilo románico, e introduciron as regras cluniacenses que foron seguidas para a construción de hospicios ao longo do Camiño de Santiago. A entrada á nave faise traspasando a Porta Speciosa, do s XII, que lembra a factoría dos mestres da catedral compostelá na Porta de Praterías. Consérvase unha imaxe románica da Virxe, coñecida como Santa María de Leyre. Neste mosteiro sitúase a...
-
GALICIA
Filósofo e profesor. Doutor en Filosofía e catedrático da Universidade de Vigo, está vinculado á Comisión Schelling de Múnic, da Academia de Ciencias de Baviera. Centrouse no estudo do idealismo alemán, no pensamento de Heidegger e na hermenéutica. Realizou numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns como Schelling, Hölderlin e Heidegger. Escribiu Ensaios sobre Heidegger (1995) e Las Épocas de Schelling (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coordinador do Cuaderno de Cultura e membro do comité de redacción de La Voz de Galicia, traballou en La Región, foi redactor xefe de La Voz de Galicia e director de Ferrol Diario-El Norte de Galicia (1969-1981). Vicepresidente da Fundación Vicente Risco, o seu contacto coa cultura galega comezou no parladoiro cultural organizado por Vicente Risco en Ourense. Na súa obra, influída polo xénero fantástico e a ciencia fición, e marcada pola ironía e o sarcasmo, destacan o libro de contos Os dados de Deus (1994) e Só os mortos soterran os seus mortos (2001). No apartado do ensaio e a investigación cómpre salientar Ferrol diario. El Norte de Galicia. Agonía para unha expresión de seu (1993) e Ourense, cittá aperta (1999). Obtivo, entre outros, o premio Galicia de Xornalismo (1987) e o premio Julio Camba (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurisconsulto. Catedrático especial de Dereito Hipotecario da Universitat de València. Escribiu El Derecho consuetudinario en Galicia (1903), Augusto Comas como legislador, catedrático y jurisconsulto (1903), El regionalismo (1918) e El problema social agrario en Galicia y la redención de foros (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e crítico da arte francés. Interesado pola arte negra e a obra de Paul Gauguin, Paul Cézanne e o cubismo, cultivou unha pintura con temática da vida moderna e paisaxes como Rugby (1917) e Le 14 juillet en Aviñón (1923). Nas súas obras, os efectos de luz, os medios tons e as sombras dispóñense de xeito coherente. Como crítico e teórico da arte escribiu numerosos artigos na Nouvelle Revue Française e monografías como Seurat e Bonnard.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor chinés. Deuse a coñecer coa novela Miewang (Aniquilamento, 1927-1928), aínda que a súa obra máis famosa é a triloxía Jia, Chun, Qiu (Familia, Primavera, Outono, 1931). Durante a Revolución Cultural non se lle permitiu escribir. En 1977 volveu escribir e en 1981 converteuse no Presidente da Unión de Escritores Chineses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de China. Fundador da dinastía Tang, freou as tentativas da expansión turca e restableceu o protectorado chinés sobre as rexións do N de Asia. Bo administrador, protexeu as letras e o budismo e reformou o código chinés e o réxime de propiedade do solo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do PC desde 1927, participou na Longa Marcha (1934-1935) e converteuse en gobernador de Hubei (1949). Viceprimeiro ministro e ministro de Finanzas, caeu en desgraza durante a Revolución Cultural (1966-1969), pero foi rehabilitado en 1973. En 1983 foi elixido presidente da república, cargo que abandonou en 1988.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Planta gabeadora ou enredadeira, de tronco leñoso, que trepa polas árbores das selvas tropicais.
-
Planta gabeadora de calquera outro país.
-
-
PERSOEIRO
Pintor chinés. Enmarcado na época da dinastía Song, especializouse na paisaxe, nas escenas relixiosas e no retrato. Retirado no mosteiro budista Chan, desenvolveu un estilo caligráfico de gran simplicidade. Destaca o Retrato do patriarca Hui Neng.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Dereito, foi alcalde da Coruña (1976-1979), procurador en Cortes, xuíz e xefe da Administración Pública.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é semellante a unha liana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo feminino Leonor.
-
-
CIDADES
Cidade do sheng de Jiangsu, situada en China (354.139 h [1990]). É un porto do Mar Amarelo en que destaca a pesca.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Manchuria, situada no sheng de Liaoning, China, na rexión de Nordés (492.559 h [1990]). Situada na área algodoeira máis importante de Manchuria, é unha das cidades máis antigas da rexión (s VII). Foi o escenario, en 1904, da derrota rusa durante a Guerra Ruso-xaponesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Jilin, China, situada a 100 km ao S de Changchun, na ribeira N do río Tung Liao (354.141 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO