Lexión Española
Lexión Española
Unidade militar creada polo Real Decreto de 28 de xaneiro de 1920 coa denominación de Tercio de Extranjeros. O seu primeiro xefe foi o tenente coronel de infantería Xosé Millán--Astray Terreros. Participou no Desembarco de Alhucemas (1925) e na pacificación de Marrocos. Durante a Guerra de África recibiu diferentes denominacións, como Tercio de Marruecos e Tercio, e en 1937 adoptou o nome de Lexión.