Lexión de María
Lexión de María
Asociación relixiosa católica fundada en Irlanda en 1921 polo segrar irlandés Frank Duff e estendida rapidamente por toda a cristiandade, especialmente nos países de misións. Posúe unha organización de tipo militar, presidida por un senatus, un patricis e un comitis, calcada da organización lexionaria romana. Subsiste aínda como asociación piadosa con fins humanitarios.