lexionario -ria
(
-
adx
Relativo ou pertencente á lexión.
-
s
[BÉL/HIST]
Soldado que servía nas lexións romanas.
-
s
[BÉL]
Soldado dalgún dos corpos dos exércitos modernos que reciben o nome de lexión.
-
enfermidade do lexionario
[PAT]
Enfermidade causada pola bacteria Legionella pneumophila, que se manifesta con febre elevada e unha afectación de diversos órganos do corpo, fundamentalmente o pulmón, en forma de pneumonía. A infección pode producirse pola inhalación de pequenas gotas de auga xeradas por aparatos de aire acondicionado, humidificadores ou por inxestión de auga contaminada, pero non está demostrado que poida transmitirse de persoa a persoa ou mediante os alimentos. O período entre a exposición á bacteria e o inicio da enfermidade é de 2 a 10 días, e o tratamento da enfermidade é con antibióticos, como a eritromicina, e fluoroquinonas, entre outros. Os principais afectados por esta infección son os anciáns e as persoas inmunodeprimidas. Foi descuberta despois dunha epidemia que afectou aos asistentes dunha convención da lexión estadounidense en Pennsylvania (1976).