lexionelose

lexionelose
s f [PAT]

Enfermidade producida polas bacterias do xénero Legionella, da familia das lexioneláceas, de orixe ambiental. Presenta dúas formas clínicas: a infección pulmonar ou enfermidade do lexionario, producida pola infección coa bacteria Legionella pneumophila, que se caracteriza por pneumonía con febre alta e que afecta esencialmente a persoas con idades comprendidas entre os 40-70 anos, máis a homes que a mulleres, e a persoas inmunodeprimidas; e a forma non pneumótica coñecida como febre ou síndrome de Pontiac, que se manifiesta como unha síndrome febril aguda que desaparece por si soa aos 2-5 días.

Sinónimos