"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Tipo de delirio en que a persoa afectada cre ser un lobo e se comporta como se o fose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que sofre licantropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación recreativa e cultural creada o 1 de xaneiro de 1847 en Santiago de Compostela. As súas actividades remataron en 1848, pero cara a 1854 fundouse no antigo convento de Santo Agostiño un novo liceo denominado Liceo de la Juventud de Santiago de Compostela. Esta nova asociación aglutinou a mocidade intelectual, dos que destacaban Murguía, Rodrigues Seoane e Paz Novoa e Pondal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cuadrimestral que apareceu en 1926 por iniciativa dos estudiantes. Reapareceu entre xaneiro de 1930 e outubro de 1932, e tivo unha terceira etapa que comezou en 1948. Publicada polo colexio teolóxico do convento franciscano de Santiago de Compostela, orixinalmente era unha revista de temática xeral pero co tempo dirixiuse cara a temas da realidade histórica de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sala de espectáculos construída en Barcelona por iniciativa do Liceu Filharmònico-Dramàtic Barcelonès, inaugurado en 1867. O edificio contaba cunha capacidade para 3.500 espectadores, tiña cinco andares e platea, polo que no momento da súa construción estaba considerado como un dos máis grandes do mundo. Sufriu un incendio en 1861 e outro en 1994. Co apoio institucional e cidadán construíuse un novo edificio no mesmo lugar, que se reabriu o 7 de outubro de 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano de Oriente (308-324). Proclamado polo seu amigo Galerio (308), compartiu con el o goberno de Oriente. Despois da morte daquel derrotou a Maximino Daia (312) preto de Adrianópole, en alianza con Constantino. Desamigado con este foi derrotado en Cibalae (314) e en Adrianópole (324).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s I) Vendedora. Tiña un negocio de púrpura en Filipo (Macedonia). Foi a primeira convertida ao cristianismo por san Paulo nesa cidade. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Sufriu o martirio durante o Imperio de Adriano, xunto co seu esposo Fileto e os seus fillos. A súa festividade celébrase o 23 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Evolucionou desde un certo inmoralismo estético da súa xuventude cara a unha actitude relixiosa. Da súa produción destaca Huset med de gamla frökarna (A casa das belas damiselas, 1918) e Silfverstaahl (1910-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mística. As súas meditacións sobre a Paixón de Cristo acompañábanse ás veces de éxtase. A súa festividade celébrase o 14 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Beato de Liébana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Fixo achegas á industria dos colorantes e estableceu o ensaio que leva o seu nome para determinar o colesterol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Formouse en Berlín, Weimar, París e Barbizon. Seguiu a tradición realista de Menzel e introduciu na arte alemá características impresionistas, posiblemente a través de Hals. Da súa obra, declarada dexenerada polos nazis, destacan Muenchner Biergarten, Old Vinck e Papageienallee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de análise clínica para a determinación do colesterol, que foi descuberta en 1885.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Procedente do círculo de H. Scherchen, foi director da Ópera de Hamburgo (1959) e da Ópera de París. Utilizou a técnica dodecatónica con gran liberdade e das súas obras destacan as óperas Leonore (1952) e Penelope (1954), e Furioso, para orquestra (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado ao pé da serra de Gándara e regado polo río Mieres (2.305 h [2001]). O núcleo do termo é El Mercadillo. A economía está baseada principalmente na agricultura (patacas e cereais), na gandería bovina e na industria derivada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo alemán. Fundou con C. Reddie, a primeira escola nova alemá (1898), que se caracterizou pola vida en común no campo, sobre a base dun ensino realista e práctico. Da súa obra teórica destaca Deutsche Landerziehungsheime. Grundsätze und Einrichtungen (Casas de educación campestre alemanas. Bases e orientacións, 1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, debuxante e gravador neerlandés. Foi compañeiro de Rembrandt en Leiden (1624-1632), ao que imitou. Da súa obra destaca Pastor nunha paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento librecambista organizado en 1839 en Manchester (Inglaterra) para conseguir a abolición das leis proteccionistas británicas sobre o trigo importado (Corn Laws). Os seus principais dirixentes foron Richard Cobden e John Bright, ambos os dous membros da escola de Manchester. A liga disolveuse en 1849 ao acadar a abolición das tarifas arancelarias proteccionistas.

    VER O DETALLE DO TERMO