"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Autor dramático e político, fillo de Aureliano Linares Rivas. Foi elixido deputado en tres lexislaturas entre os anos 1891 e 1901, e, posteriormente, senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1903 e 1907 e senador vitalicio desde 1914. Seguidor da estética teatral proposta por Jacinto Benavente, das súas obras destacan El abolengo (1904), María Victoria (1904), La cizaña (1905), La fuerza del mal (1914), Las zarzas del camino (1917), La mala lei (1923) ou La garra (1914). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo clorado, isómero ã do hexaclorociclohexano. Sólido cristalino incoloro, de punto de fusión de 112,9°C, lixeiramente soluble en auga e outros compostos. Emprégase como insecticida de amplo espectro e acaricida.
-
PERSOEIRO
Matemático alemán. En 1882 demostrou que ð é un número transcesdente, é dicir, non é a solución de ningunha ecuación alxébrica en forma de polinomio con coeficientes racionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do Océano Pacífico, na Polinesia, situado ao SO das illas Hawaii (668 km2
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de transportes aéreos creada en 1931, cando o estado asumiu o control da sociedade da Compañía de Líneas Aéreas Subvencionadas, SA (CLASSA). Inaugurou a liña Madrid-Lisboa que, a través da liña Madrid-Barcelona, permitiu enlazar Lisboa co centro de Europa. Disolveuse en 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dilatación dos ganglios e dos condutos linfáticos, conxénita ou por compresión ou obliteración.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de diversas enfermidades caracterizadas pola aparición de granulomas ou lesións granulomatosas en diferentes ganglios do organismo, que aumentan de volume. As máis importantes son o linfogranuloma benigno, denominado tamén sarcoidose e o linfogranuloma maligno ou enfermidade de Hodgkin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
linfogranuloma.
-
PERSOEIRO
Mariño. Alférez de fragata na Mariña española (1776), foi destinado a América para vixiar as costas da rexión de La Plata (1779). Foi gobernador de Misiones e capitán do porto de Ensenada (1806). Defendeu Bos Aires dos ataques ingleses (1806-1807). Nomeado vicerrei de Río de La Plata (1807), morreu fusilado polos revolucionarios en 1810.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Vihtori Peltonen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Carl von Linné e aos seus estudios.
-
PERSOEIRO
Papa (67-76) e mártir. Convertido probablemente por san Pedro, sucedeuno á fronte da sé romana. Morreu decapitado durante a persecución de Vespasiano. Na iconografía leva ornamentos de pontífice e, como atributo, un demo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 23 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor brasileiro. Das súas obras destacan O visitante (1955), O Fiel e a Pedra (1961), Avalovara (1973), A Raínha dos Cárceres da Grécia (1976) e Casos especiais (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor suízo. Traballou o óleo, o esmalte, o pastel e o debuxo, e cultivou a temática orientalizante, as escenas de xénero e o retrato. Da súa obra destaca o retrato de Madame d’Epinay e o da Condesa de Coventry.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico. Traballou na Universidade de Heidelberg, no Hospital Xeral de Boston, na Universidade de Harvard e no Instituto Rockefeller (New York). En 1953 recibiu, xunto con H.A. ; Krebs, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, polos seus estudios sobre a respiración celular e o descubrimento do coenzima A.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Óptico neerlandés. En 1608 reivindicou a invención da lente de longa vista, que algúns investigadores atribuíran a Zacharias Jansen en 1590.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Foi profesor da Universidade da Sorbona e director do seu Laboratorio de Investigacións Físicas. Inventou o electrómetro capilar (para medir a carga eléctrica), o celostato (dispositivo para manter fixa unha cámara e tomar fotos astronómicas de longa distancia), e creou o primeiro sistema de fotografía en cor. Estudiou a polarización das pilas e predixo o fenómeno da piezoelectrización do cuarzo. En 1908 recibiu o Premio Nobel de Física polo seu procedemento para a fotografía en cor.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e columnista político. Foi un dos fundadores e responsables do semanario liberal The New Republic (1914). O presidente T. Woodrow Wilson enviouno ás negociacións do Tratado de Versailles (1913). Entre 1931 e 1967 escribiu a súa famosa columna no New York Herald Tribune. Partidario da solidariedade internacional, publicou A Preface to Politics (1913), Public Opinion (1922) e Essays in the Public Philosophy (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relicario con forma de caixa ou arqueta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Alexandre/Alexandra.