Lino, san

Lino, san

Papa (67-76) e mártir. Convertido probablemente por san Pedro, sucedeuno á fronte da sé romana. Morreu decapitado durante a persecución de Vespasiano. Na iconografía leva ornamentos de pontífice e, como atributo, un demo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 23 de setembro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Etruria