"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Músico. Introduciu o seu sistema de ensino de rítmica e plástica en España. Da súa produción destacan Les cançons de nadal (1917), L’estiu efímer e Els cants de la passió (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e mestre. Exerceu na escola normal de Cuenca (1919). Afiliado ao PSOE, foi un dos animadores e fundadores da FETE e deputado socialista en 1931, 1933 e 1936. Director xeral de ensino primario (1931-1933), presidiu un ambicioso programa de construción escolar e foi un impulsor da renovación pedagóxica e defensor da escola pública e democrática de España. Despois da derrota republicana instalouse en Francia (1939) e presidiu o goberno da república no exilio, entre xaneiro e xullo de 1947. Como secretario xeral do PSOE (1951-1974) realizou un intenso labor de reorganización do socialismo no exilio e participou na reunión da oposición democrática española en Múnic (1962). En 1972 o partido escindiuse e Llopis constituíu o PSOE (Histórico), mentres Felipe González accedeu á secretaría xeral do PSOE, á fronte dos renovadores. Volveu a España en 1976 e presentouse sen éxito ás eleccións de 1977 como senador por Alacant. Das súas obras destacan El desarme moral (1931), La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e etnógrafo. Capitán do exército vinculado ás JONS, durante a Guerra Civil Española uniuse aos sublevados e foi xefe de hospitais de Valladolid. Crítico co Franquismo, despois da guerra viuse involucrado no desvío irregular de aceite, polo que pasou catro anos na prisión de Carabanchel. Publicou traballos referidos a Galicia, dos que destacan Dicionario castellano-gallego. [...] en el lenguaje popular (1935), Tres andrómenas con retrouso (1952) e Refraneiro Galego, libro de refráns recollidos da fala dos soldados e con colaboracións de Vicente Risco, Xoaquín Lorenzo e Martínez Barbeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios da Coruña e en 1892 ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. En 1895 asistiu por primeira vez á Exposición Nacional de Bellas Artes con Retrato e Capricho de Carnaval, e obtivo unha mención honorífica. Obtivo a terceira medalla con A aciñeira (1897) e a segunda medalla con Pastoral (1897) nas exposicións nacionais. En 1900 acadou a Pensión de Roma. En 1913 obtivo a cátedra de Debuxo Artístico e Calígrafía da Escola de Comercio de Barcelona e ao ano seguinte trasladouse a Madrid, onde presidiu a sección de pintura do Círculo de Bellas Artes. En 1915 obtivo a medalla de ouro na Exposición Universal con O val de Samoedo. En 1929 encargáronlle os frisos do pavillón de Galicia na Exposición Iberoamericana de Sevilla. As súas primeiras obras, retratos e cadros figurativos, mostraron o seu interese polo naturalismo e pola luz. Destacan Náufragos (1901) e os retratos realizados para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Foi o representante máis importante da Escola de Barcelona. A súa filosofía propuxo a superación do empirismo e o racionalismo e elaborou unha síntese en que defendía que as verdades ontolóxicas poderían ser descubertas pola análise da realidade que se considera básica, a conciencia, que ten as vertentes individual e colectiva. Publicou Sobre el desarrollo del pensamiento filosófico (1854), onde expuxo que a filosofía era a expresión máis alta da conciencia colectiva dunha comunidade nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e ceramista francés, fillo de Josep Llorens i Artigas. Coñecido como Gardy Artigas, formouse xunto a Chagall, Braque e Giacometti. En París colaborou con Joan Miró, especialmente nas obras para a exposición Osaka 70, en Xapón. A súa obra recrea formas orgánicas con independencia do seu contexto e do seu tamaño real. Destaca Porta per a una ciutat (1974), na autopista Barcelona-Girona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Loitou na Guerra de Independencia contra os franceses, participou na sublevación de Díaz Porlier (1815) e na conspiración liberal de 1817. Co grao de sarxento maior da Columna de Granadeiros Provinciais, foi deputado polo Reino de Galicia (1821-1823). Coa volta do absolutismo foi condenado a morte e fuxiu a Xibraltar e Reino Unido, onde participou na organización de diversos plans de invasión. Regresou en 1833 e foi subsecretario do ministerio da Guerra e deputado pola provincia de Pontevedra (1834-1836) e polo distrito de Vigo (1851-1852). Rematou a súa carreira militar como mariscal de campo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e historiador. Secretario xeral da Inquisición (1789-1801), foi nomeado conselleiro de estado por Xosé Bonaparte (1808) e encargouse dos arquivos da Inquisición (1809), da supresión das ordes monásticas e da dirección xeral dos Bens Nacionais. En Francia escribiu Historie critique de l’Inquisition d’Espagne (1817-1818).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Foi director de investigación no Centre de la Recherche Scientifique, investigador na École Polytechnique de Palaiseau (Francia) e traballou no CERN (Xenebra). Publicou traballos sobre a física nuclear doutras enerxías, a física de plasmas e a síntese de novos semicondutores. Publicou Física Pop (1977), Dicionari de la Ciencia i la Tecnologia Nuclears (1979) e Per què les cose són como són (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado en Costera (3.761 h [2001]). A actividade industrial céntrase en pequenas fábricas de mobles, cartóns e produtos agrarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Dirixiu as obras de ampliación do Cárcere Real da Coruña (1755). En Ferrol realizou o Arsenal e un proxecto, que non se levou a cabo, do barrio da Magdanela. Fixo os planos do castelo do Cardeal en Corcubión (1755) e foi nomeado enxeñeiro xefe das fortificacións da cidade da Coruña (1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e produtor musical. Un dos principais representantes de teatro musical, da súa produción destacan Jesus Christ Superstar (1971), Evita (1976), Cats (1981), Starlight Express (1984), The Phantom of the Opera (1986) ou The beautiful game (2000). Recibiu un Oscar pola mellor canción orixinal (1997) e tres Grammys.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e boxeador. Coñecido como Arthur Cravan, foi campión de Europa de boxeo. Fundou e dirixiu a revista Maintenant (1912-1915), foi precursor do dadaísmo e afirmou que do futurismo ía derivar toda a pintura posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución bancaria británica fundada en 1756 co nome de Taylor e Lloyd que se modificou en 1889 co nome de Lloyds Bank Limited. Participou tamén de xeito maioritario en diversos bancos británicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Fundou e dirixiu L’Opinió (1928-1929), en que definiu o republicanismo catalanista de esquerda. Membro do Parlament de Catalunya e conselleiro de Fomento, encabezou o goberno da Generalitat como primeiro conselleiro (1932-1933). Formou parte do goberno de concentración formado por Companys en 1934 e foi ministro de Traballo, Sanidade e Previsión nos gobernos de Casares Quiroga e Giral (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigos poemas elexíacos galeses, conservados fragmentariamente. De data discutida, probablemente remóntanse aos ss VI e VII, con engadidos tardíos. Pertencen á literatura máis antiga de calquera lingua moderna, a dos Cynfeirdd (‘bardos temperáns’) composta por Aneirin, Taliesin, Myrddin -o Merlín artúrico- e Llywarch Hen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Na súa obra reflíctese a súa preocupación polo proletariado e as comunidades marxinadas. Da súa produción destacan Godnatt jord (Boa noite, terra, 1933), Statarna (Os traballadores, 1936-1937) e Bara en mor (Só unha nai, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de loar.

    2. Palabra ou conxunto de palabras coas que se loa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. No seu libro Algebra ili isčislenie konečnykh (Álxebra ou cálculo de finitos, 1834) presenta un método orixinal para calcular raíces complexas. Asegurou que non se pode demostrar matematicamente o quinto postulado de Euclides e que coa negación deste postulado é posible desenvolver unha serie de teoremas sen contradición, é dicir, unha xeometría non euclidiana. Expuxo todos os detalles e as aplicacións do seu descubrimento en Pangeometrija (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Augas Mestas (Quiroga). O seu cumio acada os 540 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO