"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Antigo mosteiro que puido estar situado en Lobás (O Carballiño). Coñecido tamén como Lobanes ou Lobaes, era de monxas beneditinas e está documentado en distintas doazóns desde o s XII. Posuía un couto e exercía dereitos de presentación nas parroquias veciñas. En 1504 o Papa Xulio II confirmou a súa unión a San Paio de Antealtares, que se realizou en 1515.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi redactor xefe de fotografía de La Voz de Galicia e responsable do seu Arquivo Gráfico. Dirixiu cursos de fotoxornalismo na UIMP. Colaborador en medios como El País, El Periódico, La Vanguardia ou Cover, as súas obras, que pertencen ás coleccións de Unión Fenosa, do Museo Reina Sofía ou do IVAN, apareceron en libros de G. Torrente Ballester, Manuel Rivas ou Suso de Toro. Participou en exposicións fotográficas en Nova York, París, Stutgart, Chicago ou Londres e en publicacións colectivas como Galicia a pié de foto (1987), A memoria recobrada (1998) ou Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Recibiu o Premio da Crítica na sección de Ciencias e Artes da Representación (1991), o Premio Compostela’93 , o Premio Ortega y Gasset de fotoxornalismo (2003) e o Premio Doñana (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da costa atlántica, situada fronte á punta de Quilmás, no litoral da parroquia do Pindo (Carnota), ao N da illa Lobeira Chica e ao S da ría de Corcubión. É unha formación granítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada no lugar da Vila (Lobeira). É de orixe románica pero sufriu transformacións posteriores. Ten unha soa nave con cuberta de canón, e no interior destacan as tallas de san Bieito, san Ramón e san Vicente, así como unha imaxe da Inmaculada do retablo policromado. Da construción orixinal consérvase o muro N e unha porta lateral cun arco apoiado sobre impostas decoradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Deza, que nace no monte Caixeira na parroquia de Lebozán e desemboca na de Doade (Lalín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal que resulta de cruzar un lobo cun can, ou viceversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lobios. Construíuse na metade do s XVII e foi consagrada en 1755. Dunha soa nave, ten torre barroca de planta cadrada, que se adianta á fachada principal e crea un pórtico de entrada. Diferéncianse nela tres corpos, dos que destaca a balaustrada que está decorada plenamente barroca así como a cúpula de remate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro feminino situado en Lobios (Sober). Foi incorporado ao mosteiro de San Paio de Antealtares en 1515 pola confirmación feita polo Papa Xulio II en 1504.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo cenobio de monxas beneditinas situado en Lobios (Sober), do que se descoñece a data da súa fundación. Por unha bula do Papa Xulio II de 1504, incorporouse ao mosterio de San Paio de Antealtares. Posuía un couto que no s XVI tiña 33 veciños que pagaban as rendas. Consérvase a igrexa románica dos ss XII e XIII con algún elemento gótico. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. A sancristía é posterior e a espadana é plenamente barroca. A portada principal está formada por catro arquivoltas e sobre ela sitúase unha fiestra enmarcada dentro doutra, con arcos apuntados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Toledo? s IV - ?) Virxe e mártir. Negouse a abxurar das súas crenzas cristiás e sufriu persecución e martirio na época de Diocleciano. É unha das santas máis antigas no culto hispánico (s VII). Viste túnica e manto e leva como atributos unha cruz ou unhas cadeas nas mans. É patroa de Toledo e a súa festividade celébrase o 9 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor italiano. Actuou nas cortes de Mantua, Dresden e Berlín. Culminou a obra que iniciaran con anterioridade Antonio Vivaldi e Archangelo Corelli, perfeccionando a sonata e o concerto para violín. Das súas obras destacan 12 concerti grossi (1721) e seis concertos para catro instrumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Leinster, Irlanda (2.367 km2; 104.371 h [1996]). A capital é Loch Garman (10.330 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor alemán. Traballou en Colonia, onde introduciu as figuras curtas e as cabezas redondas da escola renana. No seu Tríptico dos Reis Magos da catedral de Colonia, mesturou as novidades flamengas co gótico internacional. Pintou tamén Virxe da Roseira e Presentación no templo (1445).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estadounidense de construción aeronáutica, fundada en Hollywood en 1926 polos irmáns Allan e Malcolm Loughead. Construíron o avión máis avanzado do momento, o Vega (1926). En 1929 Lockheed foi vendida á Detroit Aircraft Corporation, que se declarou en creba en 1931. Posteriormente foi adquirida por un grupo liderado por Robert E. Gross. A nova compañía fabricou os avions Electra, Constellation e TriStar e ampliou os seus intereses á produción de aparatos militares, navais, astronáuticos e electrónicos. En 1995 fusionouse coa Martin Marietta Corporation e deu orixe á Lockheed Martin Corporation, que se dedicou á integración de sistemas, á aeronáutica, aos servicios tecnolóxicos e ás telecomunicacións globais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo inglés. Inventou un sistema para observar as protuberancias solares e en 1868 descubriu o helio na atmosfera do Sol. Considérase que foi el quen determinou a temperatura na superficie do Sol. Foi o fundador do Museo de Ciencias de Londres e da revista cinetífica Nature (1869), que editou durante 50 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Parada dos Montes (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 772 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa mocidade, marcada pola posguerra, discorreu no barrio obreiro de Teis. En 1958 emigrou a París e despois a Suíza e, tralo seu regreso a Vigo, celebrou a súa primeira exposición (1963) no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. O seu interese pola arte, que o fascinou polo seu carácter liberador e desalienante, foi determinante desde entón. Autodidacta, partiu dun primeiro período de autodescubrimento, en que tratou as paisaxes, os bodegóns e a vida campesiña, pero sen deixar de indagar na obra doutros artistas nacionais e internacionais. Defendeu a democratización ou socialización da arte, teoría que materializou ao promocionar a celebración, en 1968, da primeira exposición de arte ao aire libre en Vigo; pero foi o seu compromiso social, que ofrecía unha alternativa artística á ditadura, o que o engrandeceu como artista. Asociouse a grupos antifranquistas (Asociación Cultural de Vigo) e ás propostas de popularización da arte da Estampa Popular Galega. Presentou uns cadros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Foi profesor de música, organista, director e cantor en Szczecin. Tamén foi director nos festivais de Maguncia e Düsseldorf (1820-1866). Da súa produción destacan baladas para voz e piano, oratorios, cantatas e pezas para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bacteriólogo e médico alemán. En 1884 conseguiu illar e cultivar o bacilo produtor da difteria nas membranas que obstrúen a farinxe nos pacientes con esta enfermidade, despois de descubrilo Klebs un ano antes. Tamén foi o descubridor do axente causante da peste porcina.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lofobranquios.

    2. Peixe da orde dos lofobranquios.

    3. Orde de peixes teleósteos, que presentan o corpo alongado e acoirazado, boca pequena sen dentes e galadas longas e tubulares.

    VER O DETALLE DO TERMO