"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Técnica xurídica consistente na autorización a un goberno, por medio dunha norma de rango legal, para regular mediante normas de carácter regulamentario materias que ata aquel momento se regulaban por lei. A deslegalización unicamente pode ser utilizada nos supostos nos que non existe ningunha reserva material de lei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de distribución electrónica, nunha molécula, nun ión ou nun radical, segundo a que certos electróns r non están entre dous núcleos formando enlaces dobres, senón que se pode considerar que están en orbitais moleculares resultantes da combinación de orbitais atómicos provenientes de tres átomos ou máis. A deslocalización diminúe a enerxía total da molécula nunha cantidade equivalente á enerxía de resonancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmagnetizar ou desmagnetizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desmaterializar.

    2. Substitución do soporte físico, en papel, no que se materializaban ou representaban os títulos-valores, por un soporte electrónico, contido no ficheiro histórico dun ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desmembramento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmetilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda da mielina das fibras nerviosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desmilitarizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operación na que se eliminan os compostos minerais da auga para obter outra libre de sales. Pódese realizar por procedementos químicos de intercambio iónico e de destilación. Unha cadea completa de desmineralización por intercambio consta dun cambiador catiónico, dun cambiador aniónico feble, dun desgaseador e dun cambiador aniónico forte.

    2. Eliminación de cantidades excesivas de substancias minerais como fosfatos, sales de calcio, de potasio ou de sodio, que se produce sobre todo en determinadas enfermidades ou polo uso prolongado de certos fármacos. Elimínanse principalmente a través dos ouriños ou dos excrementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desmitificar.

    2. Proceso que consiste en anular os mitos. O interese pola desmitificación dominou o pensamento filosófico-teolóxico de finais do s XIX e comezos do XX (desmitoloxización). Superada esta perspectiva, aceptouse que a verdadeira tarefa do pensamento non era desfacer os mitos, senón interpretalos correctamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desmitoloxizar.

    2. Proceso que consiste en liberarse da comprensión mitolóxica do anuncio evanxélico. Este termo introduciuno Rudolf Bultmann na linguaxe filosófico-teolóxica en 1941. A meta do programa bultmanniano era facerlle comprensible ao home moderno, seguramente cun inconfesado afán apoloxético, o querigma do Novo Testamento, desvinculándoo totalmente das características mitolóxicas coas que nacera por mor da limitación que impuxera o tempo e o espazo nos que fora anunciado e elaborado. Esta tentativa tivo unha longa historia na teoloxía cristiá, por exemplo, no método esexético denominado alegórico ou na teoloxía liberal. Hai que destacar no intento de Bultmann o afán por buscar unha axeitada interpretación do querigma, feita a partir de dous supostos: a filosofía existencialista (máis en concreto, a de Martin Heidegger) e unha comprensión da xustificación pola fe, de signo paulino-luterano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmobilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste na extracción do sinal modulador da onda portadora modulada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desmonetizar.

    2. Abandono do uso dun metal no sistema monetario. O caso máis importante de desmonetización aconteceu no s XIX cando a moeda de prata perdeu valor e diminuíu a demanda deste metal para cuñaxes monetarias.

    3. Declaración de caducidade dunha emisión de selos de correo para o franqueo de correspondencia. A introdución do euro como moeda oficial circulante no ámbito da Unión Económica e Monetaria europea a partir do 1 de xaneiro de 2002, supuxo a desmonetización dos selos emitidos anteriormente cun valor facial que se expresaba nas diferentes moedas nacionais dos 12 estados incorporados inicialmente á nova divisa. En España, todos os selos emitidos con anterioridade a xaneiro de 2001 (con facial en pesetas) deixaron de ter validez postal o 1 de marzo de 2002 despois de que se esgotase o período transitorio de convivencia da circulación das dúas moedas. Os selos emitidos en 2001, con facial expresado en pesetas e a súa equivalencia en euros, continuaron vixentes despois desa data. No resto dos países da UEM seguiuse un procedemento semellante, con lixeiras diferencias nas datas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desmoralizar ou desmoralizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución da velocidade de rotación do eixe secundario respecto do primario nunha transmisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desnacionalizar ou desnacionalizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que desnacionaliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Destruír o carácter nacional de algo.

    2. Privar a alguén dos dereitos nacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que determina a perda do trazo nasalizado dunha articulación nunhas circunstancias determinadas. Por exemplo, en galego medieval a desaparición do -N- intervocálico polo proceso de fricativización e posterior caída nasalizou a vogal anterior nun primeiro momento, pero xa moi cedo se produciu a súa desnasalización (s XIII) (lat BONU > bõo > bo).

    VER O DETALLE DO TERMO