desmitoloxización
(
-
s
f
Acción de desmitoloxizar.
Ex: No estudo trataron a desmitoloxización das tradicións culturais.
-
s
f
[FILOS/RELIX]
Proceso que consiste en liberarse da comprensión mitolóxica do anuncio evanxélico. Este termo introduciuno Rudolf Bultmann na linguaxe filosófico-teolóxica en 1941. A meta do programa bultmanniano era facerlle comprensible ao home moderno, seguramente cun inconfesado afán apoloxético, o querigma do Novo Testamento, desvinculándoo totalmente das características mitolóxicas coas que nacera por mor da limitación que impuxera o tempo e o espazo nos que fora anunciado e elaborado. Esta tentativa tivo unha longa historia na teoloxía cristiá, por exemplo, no método esexético denominado alegórico ou na teoloxía liberal. Hai que destacar no intento de Bultmann o afán por buscar unha axeitada interpretación do querigma, feita a partir de dous supostos: a filosofía existencialista (máis en concreto, a de Martin Heidegger) e unha comprensión da xustificación pola fe, de signo paulino-luterano.