"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. No ámbito político, foi primeiro radical e despois socialista. Fundador de La Tribuna (1888), colaborou en La Nación. Algúns dos seus traballos xornalísticos foron reunidos en La Australia Argentina (1898) e En las tierras del Inti (1909). Como escritor, é o autor máis importante do costumismo crioulo, e das súas obras destacan El casamiento de Laucha (1906), Pago Chico (1908) e Las divertidas aventuras del nieto de Juan Moreira (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor e presentador. Comezou como actor de teatro na compañía Caritel e no Centro Dramático Galego na década de 1980. Participou en series televisivas como Farmacia de Guardia, Periodistas e Pratos Combinados, e no programa Caiga quien Caiga (1997-2002). Tamén traballou no teatro nas obras Esto non é serio, Calquera vai á guerra, A grande noite de Fiz e A Esmorga, e no cine en Airbag (1997), Muertos de risa (1999), Tuno negro (2001), O lapis do carpinteiro (2003) e Hot Milk (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de 23 relatos escritos por Francisco Álvarez de Nóvoa e editados na Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar en 1896. Algúns deles foron publicados polo autor na prensa da época, en publicacións como El Eco de Galicia ou A Nosa Terra. Nesta obra reflíctense as ideas renovadoras que tanto influíron, anos despois, nas Irmandades da Fala. O libro é unha mostra de narrativa urbana, burguesa e psicoloxista, rompedora co estilo tradicional, feito que a relegou á marxinalidade entre a crítica da época. Nela predomina a presenza de personaxes e ambientes vinculados ao mundo labrego e a Ourense, sen esquecer a Galicia mariñeira, feito que constitúe unha novidade na narrativa do seu tempo, e onde as situacións amorosas, vitais e costumistas conforman as principais liñas temáticas dos relatos. Cómpre destacar ademais que nos “Dous parrafeos” iniciais, o autor amosa a súa preocupación polos aspectos lingüísticos e pola creación dunha lingua literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Formouse en Oxford e experimentou con diversas técnicas teatrais. Achegou unha nova visión escénica no reinado de Isabel I, aínda que as súas obras non lograron moito éxito na época. Da súa produción destacan Edward I (1593), The Battle of Alcazar (1594) e The Old Wive’s Tale (1595).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido monocarboxílico saturado que se emprega na síntese orgánica, na fabricación de lacas, plásticos, aromatizantes e na industria farmacéutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antocianidina obtida por hidrólise de cloruro de pelargonina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido que se atropa no xeranio escarlata e na dalia de cor vermella alaranxada. É o 3,5-di-D-glucósido da pelargonidina, na que se converte con facilidade por hidrólise en ácido líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta da familia das xeraniáceas pertencente ao xénero Pelargonium. De grande interese como planta ornamental, pódense diferenciar tres tipos: os zonais, con follas circulares, son os máis cultivados como plantas de tarro; os de porte colgante, con talos colgantes ou semirrastreiros e follas lobuladas máis duras; e os de pensamento, con follas dentadas e grandes flores blancas e vermellas, e que son moi usados polos floristas. Tamén existen pelargonios de folla olorosa, utilizados na industria da perfumaría para a obtención de aceites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das xeraniáceas, que presentan as flores irregulares, odoríferas e de cores moi variadas. É un xénero que destaca pola exuberancia das súas flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador alemán. Influído por Dürer, gravou temas relixiosos, históricos e literarios, realizou diversos retratos, e decorou o teito da sala Hirschvogel, de Nuremberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Armariz (Xunqueira de Ambía). O seu cumio acada os 620 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen pertence á pequena burguesía.

    2. Que ou quen ten prexuízos ou está moi apegado a valores convencionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Membro do grupo OuLiPo (Ouvroir de Littérature Potentielle), utilizou as matemáticas, a lóxica e o xadrez para facer as súas composicións e destacou polos seus palíndromos. Da súa obra, en que procura solucións a problemas formais, cómpre salientar Les choses (1965, Premio Renaudot), La disparition (1969), Les revenentes (1972), La boutique obscure (1973), Je me souviens (1978), La vie, model de emploi (1978, Premio Médicis) e La clôture (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e psicólogo. Introdutor da foniatría en España, presidiu a Asociación Internacional de Logopedia e Foniatría (1974). Escribiu o tratado Audifoniatría y logopedia en once volumes (1968-1995). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Pontificia de Salamanca (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia dórica situada na rexión de Panfilia. Ocupada por Alexandre o Grande (334), foi capital da provincia romana Pamphylia Secunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel delgada de ovella, cabra ou asno, sometida só a pelado, secado, desengraxamento e alisamento, translúcida ou opaca, que permite escribir nela e que pode ser impresa ou empregada en encadernación.

    2. Documento escrito sobre pergameo. O nome provén da cidade de Pérgamo, en Asia Menor. Segundo o animal do que procedese a pel, a maneira de preparala e a calidade, recibía diferentes nomes, como vitelino (vitela), caprino e ovino.

    3. papel pergamiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está feito de pergamiño ou que é moi semellante a el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai ou vende pergamiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folio fragmentario, escrito por ambas caras, que contén sete cantigas de amor musicadas de don Denís. Datado aproximadamente en 1300, foi descuberto polo profesor Harvey L. Sharrer (1990) na Torre do Tombo, en Lisboa. Con diversas lagoas na parte musical e poética, é o único documento localizado de data medieval da obra do rei portugués. Puido realizarse no scriptorium de don Denís, quizais correspondente co perdido Livro das trovas de el-Rei D. Dinis, e caracterízase, ademais de pola súa distribución en tres columnas -rara en época medieval-, pola uniformidade na separación das liñas e polos versos dispostos en liña e separados por unha raia vermella, escritos polo menos por dúas mans diferentes en tipos de letra distintos. Os fragmentos das cantigas aparecen na mesma disposición ca nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO