"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Foi impulsor do coñecemento da cultura castrexa coas escavacións da citania de Briteiros, comezadas en 1874. Da súa produción destacan Os gregos no noroeste da Ibéria (1876) e Os lusitanos (1880) e na súa honra fundouse, en 1881, o museo que leva o seu nome en Guimarães.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de actores cinematográficos estadounidenses composta por Leonard (Nova York 22.3.1891-11.10.1961; Chico), Arthur (Nova York 23.11.1895-Los Angeles, California 28.9.1964; Harpo), Julius (Nova York 2.10.1895-Los Angeles, California 19.8.1977; Groucho), Milton (Nova York 23.10.1894-Palm Springs, California 21.4.1977; Gummo) e Herbert (Nova York 25.2.1901-Palm Springs, California 30.11.1979; Zeppo). Aínda que nalgunha ocasión traballaron xuntos, Chico, Harpo e Groucho formaron un equipo que acadou sona internacional. Foron célebres as súas escenas cómicas cheas de ironía, excesos e crítica social. Da súa produción destacan Duck Soup (1933), A Night at the Opera (1935), A Day at the Races (1937), At the Circus (1939) e Go West (1940).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Debutou en 1969 co filme El Espíritu, de J. Tamariz, se ben non destacou ata que realizou con F. Colomo Tigres de papel (1977) e Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978). Con Pedro Almodóvar participou en Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (1980), Qué he hecho yo para merecer esto? (1984), La ley del deseo (1987) e Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988, Premio Goya 1989). Interveu en Ay Carmela! (1990, Premio Goya 1991), Cómo ser mujer y no morir en el intento (1991), La Comunidad (2000, Premio Goya 2001), 800 Balas (2002) e 25 degrés en hiver (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Dorrón (Sanxenxo). Ten planta en forma de escuadro con baixo e un piso, e cunha galería á que se accede desde o patio frontal. Na fachada principal destaca un escudo coas armas dos Aldao, Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, un reloxo de sol e algunhas gárgolas. O conxunto completouse cun hórreo de dez pés e un pombal e rodeouse cun muro no que destaca o portalón, rematado en cruz. Noutra época tivo unha estrutura medieval cunha torre de homenaxe, que non se conserva. O edificio pertenceu aos Aldao e ao señorío do coto de Dorrón durante varias xeracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico escocés. Naturalizado canadense, foi un dos máximos investigadores do cine de animación. Na súa continua experimentación usou novas técnicas, como o debuxo directo sobre a película ou as tres dimensións. Destacan os seus filmes Dollar Dance (1943), Neighbours (1952, Oscar á mellor animación 1953), Pas de deux (1968), Ballet Adagio (1972) e Narcissus (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pigmentación escura da pel, xeneralizada ou en manchas, causada polo depósito de melanina ou doutros pigmentos.

    2. Pigmentación da pel propia dos vellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao grupo melanodermo ou aos seus representantes.

    2. Individuo do grupo melanodermo.

    3. Grupo de razas humanas de pel escura, cabelos crechos, glándulas sudoríparas abondosas, labios voluminosos e eversos e predominio da dolicocefalia. Está amplamente estendido no continente africano, nalgunhas rexións de Asia e en Melanesia, e tamén está representado no continente americano. Comprende as razas etiópica, melanoafricana, indomelánida, melanésica, khoisánica e os pígmidos africanos e asiáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado unha das figuras do romanticismo estadounidense, escribiu numerosas novelas de aventuras baseadas nas súas experiencias no mar, e contos e poemas, onde explorou temas psicolóxicos e metafísicos. Das súas obras destacan Typee (1846), Redburn (1849), Moby Dick (1851), a súa obra máis coñecida, Pierre (1852), Israel Potter (1855), The Confidence-Man (1857) e a póstuma Billy Budd, Foretopman (1924). Tamén escribiu obras simbolistas, como Mardi (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que se editou en Ferrol a partir de xaneiro de 1934. De periodicidade trimestral e dirixida por Ricardo Torres Queiruga, foi unha publicación de carácter técnico en que colaboraron oficiais e persoal auxiliar da Armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Especialista en rehabilitación de lesións medulares, foi xefe do departamento de rehabilitación do Hospital Nacional de Parapléjicos e colaborou como experto médico no Laboratorio de Inteligencia Artificial da facultade superior de Informática da Universidad Politécnica de Madrid. Recibiu o primeiro Premio do Inserso de Ayudas para discapacitados (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piragüista. Gañou a medalla de prata de K-4 1.000 m nos Xogos Olímpicos de Montréal (1976) e nos Xogos Olímpicos de Moscova (1980) conseguiu a medalla de prata de K-2 500 m, e a medalla de bronce de K-2 1.000 m. Retirado da alta competición, dedicouse á representación de deportistas. Na cerimonia de apertura dos Xogos Olímpicos de Barcelona entrou co facho olímpico no estadio de Montjuïc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás menispermáceas.

    2. Planta da familia das menispermáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das ranunculais, cunhas 400 especies en países cálidos, a maioría delas lianas dioicas, de follas simples e alternas, flores cíclicas, actinomorfas e trímeras, e froitos en drupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer menor algo en volume, cantidade ou intensidade.

    2. Ir a menos algo en volume, cantidade ou intesidade. Na tradición oral recóllense ditos como: “Pola santa Lucía, mingua a noite e crece o día”.

    3. Diminuír a Lúa a parte iluminada que se ve desde Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou A Mesa Plataforma plural e independente que se creou en abril de 1986 co obxectivo de promover o uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida social. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso da lingua en todas as áreas, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. A Mesa centra as súas actividades, sobre todo, nos campos do ensino, da toponimia, da administración e do galego exterior. No ensino intenta sensibilizar a mocidade e o profesorado, esixir á Xunta de Galicia a total normalización do galego, solicitar a elaboración dun proxecto de galeguización do ensino, participar na redacción dun modelo para a normalización lingüística do ensino e denunciar os incumprimentos dos decretos que regulan legalmente o uso do galego neste ámbito. Na toponimia, promove iniciativas para favorecer o uso de formas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla embrionaria dos animais triblásticos que aparece entre o ectoderma e o endoderma durante o desenvolvemento embrionario, ao final da gastrulación, e que forma a maioría dos tecidos e órganos dos animais adultos (muscular, óseo). Denomínase ectomesoderma ou endomesoderma segundo se forme por diferenciación da folla externa ou da folla interna do estadio diblástico. OBS: Tamén se denomina mesoblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao mesoderma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo adaptado para vivir a temperaturas medias, entre 15°C e 20°C, e unha humidade relativamente alta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a aparencia dun metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento da metalurxia extractiva en que se reduce o composto metálico mediante outro metal máis reactivo (sodio, aluminio, magnesio ou silicio), ou co hidróxeno, a unha temperatura superior á da fusión do metal reducido. O procedemento metalotérmico máis empregado é a aluminotermia. Empréganse estes métodos na obtención de metais raros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase regresiva estacional da función testicular de certos mamíferos e paxaros, especialmente dos que hibernan, que se produce durante este período e durante o que hai unha completa ausencia de secreción de espermatozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO