Maza, pazo da ou pazo de Bermúdez da Maza
Maza, pazo da ou pazo de Bermúdez da Maza
Construción situada en Dorrón (Sanxenxo). Ten planta en forma de escuadro con baixo e un piso, e cunha galería á que se accede desde o patio frontal. Na fachada principal destaca un escudo coas armas dos Aldao, Bermúdez de Castro e Suárez de Deza, un reloxo de sol e algunhas gárgolas. O conxunto completouse cun hórreo de dez pés e un pombal e rodeouse cun muro no que destaca o portalón, rematado en cruz. Noutra época tivo unha estrutura medieval cunha torre de homenaxe, que non se conserva. O edificio pertenceu aos Aldao e ao señorío do coto de Dorrón durante varias xeracións.