"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo en cuartel: 1 e 4, de azul, con tres flores de lis de ouro, ben ordenadas; 2 e 3, de azul, con tres faixas ondadas de prata.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Verín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Verín.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
veleno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda os síntomas, as doenzas e como previr e curar as enfermidades dos animais. Ocúpase tamén da inspección e do control sanitario dos alimentos, da prevención da zoonose, da maneira de obter o máximo rendemento nas explotacións pecuarias e do manexo dos animais domésticos.
-
-
Relativo ou pertencente á veterinaria.
-
Persoa especializada en veterinaria.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo. Presbítero no mosteiro de Lerins e adversario de santo Agostiño, foi famoso pola súa doutrina sobre a tradición, expresada na obra Commonitorium (434). A súa festividade celébrase o 24 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como nitodavila, comezou a debuxar á plumiña para despois traballar, case en exclusiva, ao óleo. A súa obra reflicte a estética natural do ser humano, que aborda desde a presenza do corpo e desde a evocación da persoa mediante bodegóns. Traballa sobre lenzo engurrado, pois non emprega o bastidor, cunha paleta de terras, vermellos e brancos. Realiza os retratos a tamaño natural e foxe do hieratismo do retratado. Entre as súas obras destacan Cabeza de Bautista (1999), Maestitia (2000), Mi padre (2000) e El Grano (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Fiz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Vilamarín, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Ourense situado no centro-S da Comunidade Autónoma de Galicia e no NO da provincia de Ourense. Limita ao N co concello de Carballedo (comarca de Chantada), ao S cos de Amoeiro e Coles (Ourense), ao L coa Peroxa (Ourense) e ao O con San Cristovo de Cea (O Carballiño). Abrangue unha superficie de 56,1 km 2 , cunha poboación de 2.281 h (2007) distribuída nas parroquias de Boimorto, León, Orbán, Reádegos, O Río, Sobreira, Tamallancos, Vilamarín e Viña. A súa capital é o núcleo de Vilamarín (42° 28’ 03’’ N - 7° 53’ 21’’ O), a 18 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello está situado nun espazo de suaves pendentes, inclinado de N a S, cunha altitude media de 550 m, e cun relevo levemente ondulado. A parte N correspóndese co espazo máis elevado, no seu límite coa provincia de Lugo, formado por granitos e materiais máis duros que ficaron en resalte tras a intensa erosión,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilamarín. No s XV foi fortaleza do conde de Ribadavia e no s XVII pertenceu aos condes de Maceda. No s XIX e comezos do s XX pertenceu á familia da Maza e tivo varios propietarios ata que o mercou a Deputación Provincial de Ourense. Ten dúas plantas poligonais irregulares cun patio central, desde onde se accedía á planta superior. A entrada está flanqueada por dúas torres semicirculares e, na parte oeste, ten unha muralla co seu paseo de rolda.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Agolada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha adarga de ouro; bordo de sinople, cargado de oito torres de prata. Outro trae, en campo de goles, tres estrelas de ouro, de oito raios, ben ordenados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cambados baixo a advocación de santo Adrián.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de Santiago, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa Cristina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilasantar baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Explorador e xeógrafo. Descubriu o golfo de San José e o río Negro (1779). Confeccionou cartas náuticas do río Negro, do golfo de San Matías e do tramo entre o río Negro e o Colorado.
VER O DETALLE DO TERMO