Vilamarín, pazo de

Vilamarín, pazo de

Construción situada en Vilamarín. No s XV foi fortaleza do conde de Ribadavia e no s XVII pertenceu aos condes de Maceda. No s XIX e comezos do s XX pertenceu á familia da Maza e tivo varios propietarios ata que o mercou a Deputación Provincial de Ourense. Ten dúas plantas poligonais irregulares cun patio central, desde onde se accedía á planta superior. A entrada está flanqueada por dúas torres semicirculares e, na parte oeste, ten unha muralla co seu paseo de rolda.