"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín avitus ‘relativo ao avó’, ‘que vén dos avós’, derivado de avus ‘avó’. Na Gallaecia do s V houbo dous parentes antipriscilianistas de nome Avito. Un deles foi presbítero de Braga e, no ano 410, peregrinou a Xerusalén dende onde lle escribiu ao bispo de Braga Balconio anunciando que enviaba reliquias de santo Estevo. En Xerusalén leu a Oríxenes e, á súa volta a Gallaecia, predicou o Orixenismo a pesar de ter discutido con san Xerome sobre os erros e perigos desta doutrina. O segundo Avito viaxou a Roma, onde estudiou a Mario Victorino; cando volveu, o seu familiar introduciuno no Orixenismo. No santoral figuran dous Avitos, un bispo e outro presbítero de Clermont (Francia); a festividade do primeiro celébrase o 5 de febreiro e, a do segundo, o 17 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emperador romano de Occidente (455-456). Ao morrer Petronio Máximo (455) foi elixido polos visigodos para dirixir a loita contra os vándalos, que se estableceran no norte de África. Ao non ter éxito a súa procura de axuda no Imperio Romano de Oriente, foi deposto polos visigodos no 456.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Bispo da Viena do Delfinado, contribuíu á conversión de Sexismundo de Borgoña (490), que foi quen no 516 fixo do Catolicismo a relixión oficial do seu Reino. A súa festividade celébrase o 5 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de avituallar.
-
Provisión de vituallas.
-
-
-
Acción e efecto de avivar ou de avivarse.
-
Operación de poñer ao descuberto as partes sas e vasculares dun tecido lesionado, dunha cicatriz ou dun conduto fistuloso, coa finalidade de activarlle a cicatrización.
-
-
-
de avolver.
-
Dise do líquido mesturado con partículas revoltas en suspensión que lle restan transparencia.
-
Que é cambiante e inestable; aplícase especialmente ao tempo meteorolóxico.
-
Caracterizado pola confusión e a desorde.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de avultar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acto e efecto de axardinar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
adecuación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anaco de terreo que queda fóra dun valado ao pechar unha herdade, ou referido ao que está a carón desta pero sen delimitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar parece remitir ao latín adiactus, derivado de ad-iacere ‘estar próximo’, polo que designaría as terras que quedan fóra do muro cando se pecha unha propiedade, ou aquelas que están contiguas a esta cando aínda non existen lindes. A miúdo adoita aparecer coa forma castelanizada Ageitos.
-
GALICIA
Profesor. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, onde foi alumno do profesor Xosé Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. É catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade en que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989.
VER O DETALLE DO TERMO
Entre os seus estudos cómpre citar As coplas galegas do Padre Sarmiento (1982), Cartas de Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide (1983), A poética de Manuel Antonio (1993), en colaboración con Xosé Luís Pensado Tomé; Luís Seoane e o libro galego na Arxentina: 1937-1978 (1994), en colaboración con Xavier Seoane; Rafael Dieste: bibliografía e cronoloxía (1995), Rafael... -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Oleiros (Ribeira), popularmente coñécese co nome de Pedra do Mouro. Tense sinalado como a máis estética das antas galegas, chegando a ser comparada por García Bayón co Partenón. Carece de mámoa e ten planta poligonal, formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa. A cámara ten unhas dimensións aproximadas de 3,20 m no eixe N-S e 2,40 m no L-O; así mesmo a súa altura é de 1,90 m. A tampa, sostida por tres chantas, ten forma ovalada e faise máis estreita cara ao S; as súas dimensións son 4,50 x 3,10 m e un grosor máximo de 60 cm. Conserva dúas laxes do corredor soterradas, dispostas ao longo de 1,50 m e orientadas cara ao L. Non se teñen noticias de achados no seu interior, pero si da existencia dun petroglifo que contén representacións de cápidros no seu contorno inmediato. Pola forma e magnitude desta mámoa pertence ao Megalitismo de apoxeo. Foi declarado Ben de Interese Cultural o 11.3.1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución especializada das Nacións Unidas creada en 1957 que se ocupa de problemas de interese internacional no eido da enerxía nuclear. A súa principal encomenda é promover a investigación da enerxía nuclear e da aplicación de radioisótopos en medicina, agricultura, hidroloxía e na industria. Ten a súa sede en Viena e pertencen a ela 116 estados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome obsoleto do retinol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
elocidade excesiva na linguaxe falada coa omisión de sílabas ou palabras. Pódese distinguir a taquilalia e a logorrea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
elocidade excesiva na escrita, con omisión patolóxica e inconsciente de palabras ou sílabas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: axitofasia.
-
-
Acción e efecto de axuntar ou axuntarse. OBS: En galego é incorrecto utilizar a palabra axuntamento co significado de ‘institución’, ‘entidade de poboación’ ou ‘edificio desa institución municipal’. Nestes casos débese utilizar concello e casa do concello.
-
Reunión ou asemblea de diferentes persoas.
-
Cópula carnal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista gratuíta aparecida en xaneiro de 1988 e subtitulada “Revista técnico informativa de los municipios gallegos”. Foi editada e dirixida por Xosé R. Pampín Bermúdez e por Mª Teresa Castro Corgo. Tratábase dunha publicación dirixida aos funcionarios municipais con información sobre festas locais, homenaxes, nomeamentos, orzamentos e outros datos. Cada exemplar soía ser monográfico.