Axeitos Agrelo, Xosé Luís

Axeitos Agrelo, Xosé Luís

Profesor. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca, onde foi alumno do profesor Xosé Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. É catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade en que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989.

Entre os seus estudos cómpre citar As coplas galegas do Padre Sarmiento (1982), Cartas de Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide (1983), A poética de Manuel Antonio (1993), en colaboración con Xosé Luís Pensado Tomé; Luís Seoane e o libro galego na Arxentina: 1937-1978 (1994), en colaboración con Xavier Seoane; Rafael Dieste: bibliografía e cronoloxía (1995), Rafael Dieste, ollar o mundo con sede adiviñadora (1995), Luís Seoane. Tres hojas de ruda y un ajo verde o las narraciones de un vagabundo (1996), Enrique Fernández Sendón (L. Fersen): memoria e antoloxía dun republicano galego (1998), Manuel Antonio. A Nosa Memoria (2000), O exilio galego: mapa de cicatrices (2003), Algunhas reflexións sobre o exilio e Lorenzo Varela (2005), Manuel Antonio. Obra completa I. Prosa, (2012) e Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía (2017). Foi o editor da Poesía galega completa de Manuel Antonio (1992) e da obra galega completa de Rafael Dieste (1995); coordinou o volume colectivo Rafael Dieste 1899-1981: Unha fotobiografía (1995). É colaborador en publicacións como Grial, Boletín Galego de Literatura, A trabe de Ouro e Anuario de Estudios Galegos, con traballos sobre diversos aspectos da literatura galega. En 2004 ingresou na Real Academia Galega e en 2009 foi Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia

 

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Asados, Rianxo