"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Papa (795-816). Agredido polos seus inimigos romanos, refuxiouse preto do duque de Spoleto e volveu a Roma coa axuda de Carlomagno. Coroou a este como emperador de Occidente (800) e defendeu a independencia da Igrexa fronte aos teólogos francos. Condenou a querela adopcionista do metropolitano de Toledo, Elipando, que pretendía separar a Igrexa hispana de Roma. A súa festividade celébrase o 11 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (775-780). Sucedeu o seu pai Constantino V e, favorable ao culto das imaxes, volveuse despois iconoclasta. En 778 derrotou os árabes en Xermanicea da Comaxene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (847-855). Monxe beneditino, defendeu Roma contra os sarracenos rodeando a igrexa de murallas (852), creando deste xeito a cidade leonina. No lugar da antiga Centum Cellae, destruída polos godos, construíu Leópolis, actual Civitavecchia. Consagrou emperador a Luís II, fillo de Lotario I (850). A súa festividade celébrase o 19 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1049-1054). De nome Bruno de Dagsburgo, e parente do Emperador Enrique III, esforzouse por redirixir a disciplina eclesiástica, coa condena da simonía e o nicolaísmo, mediante os sínodos de Pavia, Reims e Maguncia. Condenou a doutrina eucarística de Berenguer de Tours (1050). Os últimos anos do seu pontificado estiveron marcados pola desfeita fronte aos normandos (1053) e o Cisma de Oriente coa Igrexa ortodoxa (1054). A súa festividade celébrase o 19 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación boreal situada entre as da Osa Maior, o León e o Lince. O astro principal, á-Leonis Minoris, é unha estrela xigante de magnitude visual 4,41, situado a unha distancia de 120 anos-luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou novelas, ensaios e poesía. Entre as súas obras destacan Lira de bronce (1901), Casta de hidalgos (1908), El amor de los amores (1910) e Roja y gualda (1934). Foi membro da Real Academia Española desde 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Armenia (1320-1341). Casou en segundas nupcias con Constanza de Aragón, raíña viúva de Chipre. Combateu contra as invasións de mamelucos e mongois, pero non puido evitar que o sultán Rasir de Exipto invadise Armenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Armenia (1320-1341). Casou en segundas nupcias con Constanza de Aragón, raíña viúva de Chipre. Combateu contra as invasións de mamelucos e mongois, pero non puido evitar que o sultán Rasir de Exipto invadise Armenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente. Foi o último membro da dinastía isáurica. Sucedeu a Miguel I Rangabé en 813 como consecuencia da revolta militar dos iconoclastas. En 815 fixo depoñer nun concilio ao patriarca Nicéforo e condenou novamente o culto das imaxes. Morreu asasinado na igrexa de Santa Sofía polos partidarios de Miguel II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (886-912), fillo de Basilio I. Defendeu os confíns orientais contra os árabes, pero foi derrotado en Sicilia e tamén saíu perdedor contra os búlgaros, a quen tivo que ceder os territorios de Macedonia e de Albania. Escribiu pregarias, homilías, poesías e recompilou en 60 libros as Basilika, as leis bizantinas, tanto de dereito civil como canónico, en base a fontes gregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (886-912), fillo de Basilio I. Defendeu os confíns orientais contra os árabes, pero foi derrotado en Sicilia e tamén saíu perdedor contra os búlgaros, a quen tivo que ceder os territorios de Macedonia e de Albania. Escribiu pregarias, homilías, poesías e recompilou en 60 libros as Basilika, as leis bizantinas, tanto de dereito civil como canónico, en base a fontes gregas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1513-1521). De nome Giovanni de Medici, fillo de Lourenzo o Magnífico e sucesor de Xulio II, negociou un concordato con Francisco I de Francia (1516) pero, posteriormente, axudou a Carlos V nas súas guerras en Italia. En 1517 clausurou o Concilio V de Letrán. A súa bula para recoller cartos para a construción de San Pedro provocou a revolta de Lutero. Foi mecenas de Rafael e Michelangelo, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1878-1903). De nome Gioacchino Pecci, converteuse en cardeal en 1853. Durante o seu pontificado contribuíu a reconciliar os católicos cos gobernos liberais cunha actitude tolerante. Na encíclica Rerum Novarum (1891) denunciou as inxustizas do liberalismo e do socialismo, na Cum multa (1882) desautorizou a intransixencia dos integristas en España, e na Au milieu des solicitudes (1892) patrocinou en Francia a reunión dos católicos no réxime republicano. En Alemaña contribuíu a poñer fin á Kulturkampf, pretensións de controlar a Igrexa desde o goberno, e procurou mellorar a sorte dos católicos en Suíza, EE UU, Rusia e Bosnia-Herzegovina, onde favoreceu a expansión do catolicismo. Non conseguiu a unión entre anglicanos e católicos malia as súas tentativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luis de León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo situado no Mediterráneo occidental. Esténdese ao longo de 400 km de costas, entre o cabo de Creus, ao O, e o delta do Ródano, ao L. Presenta un aspecto chairo e areoso, e só nos extremos oriental e occidental é lixeiramente rochoso. Ten profundidades inferiores aos 200 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carnívoro de gran tamaño, de membros robustos e esveltos e fortes gadoupas. Presenta cabeza grande, orellas pequenas, caninos moi desenvolvidos e rabo delgado. A pel é ocre, de tonalidade variable, e a crina máis escura. A femia é de menor tamaño, cunha pelaxe máis clara e sen melena. É un animal forte, de porte maxestuoso, mirada impoñente e ruxido sonoro. A súa axilidade e forza son considerables, sen embargo, non agatuña polas árbores, e o seu peso basta, a miúdo, para afogar as súas presas. Desenvolve costumes crepusculares, caza preto dos bebedoiros, aliméntase principalmente de animais herbívoros, de talle medio, e soamente ataca o home cando está ferido, famento ou por estar enfermo ou vello. O período de xestación é de 110 días e en cada camada a leoa adoita ter tres ou catro crías. Habita nos bosques e sabanas africanas, excepto na rexión setentrional. Durante o período helénico atopábase tamén na zona de Europa Oriental.

    2. Persoa ousada e valente.

      1. Tema iconográfico moi corrente desde a Antigüidade que aparece na representación de cacerías e nas tumbas reais occidentais, aos pés das figuras xacentes dos reis como símbolo de poder.

      2. Figura de león no tetramorfo que simboliza o evanxelista Marcos. Ten a súa orixe na visión de Ecequiel narrada no libro deste profeta.

      3. Figura heráldica que se representa coas gadoupas levantadas, a destra alta e a sinistra un pouco máis baixa, a cabeza de perfil, a boca aberta, a lingua fóra, mostrando as gadoupas e coa borla da cola cara a dentro. A súa posición habitual é a de rampante, agás que expresamente se especifique outra.

    3. Símbolo da potencia do Reino de Xudá. Como título foi referido ao negus de Etiopia.

    4. Carnívoro pinnípede, da familia dos otáridos, de gran tamaño, corpo fusiforme e coas patas posteriores rematadas en aletas. Habita no mar aberto formando manadas de moitos individuos, pero aproxímase ás costas en época reprodutiva para acaparar o maior número de femias formando haréns. No Pacífico setentrional vive o león mariño ártico (Eumetopias stelleri) de pelame pardo avermellado e cun tamaño que pode alcanzar, no macho, os 4 m de longo. No hemisferio austral vive o león mariño do sur (Otaria flavescens) de pelame gris amarelento, crina no dorso e de menor tamaño. O león de California, (Zalophus californianus), de tamaño bastante menor e pel escura, habita nas costas occidentais de América do Norte e en Galápagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) desenvolveu unha intensa actividade escénica. Fundou Nueva Escena, dirixiu o Teatro de Arte e Propaganda de Madrid e Guerrillas de Teatro, e tivo un papel destacado nas actividades culturais republicanas. Das súas obras destacan Contra viento y marea (1941), Morirás lejos (1942), Fábulas del tiempo amargo (1962), Memoria de la melancolía (1970), Cervantes. El soldado que nos enseñó a hablar (1978) e La libertad en el tejado (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso situado no NO da Península Ibérica e que se estende polas comarcas castelás de La Maragatería, O Bierzo, La Cabrera e Sanabria. Constitúe o bordo oriental do Macizo Galaico e a divisoria de augas dos sistemas fluviais do Sil e do Duero. Destacan as serras de Cabrera, Culebra, Segundeira e Eixe, estas dúas últimas situadas no límite con Galicia. O cumio máis elevado é o Teleno, que acada os 1.188 m de altitude. Están constituídos por calcarias, pizarras e cuarcitas que se dispoñen amodo de auréola na parte exterior do Macizo Galaico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Reino hispánico que, durante a Reconquista, tivo existencia como Estado independente en tres ocasións (910-1037, 1065-1072 e 1157-1230). Xurdiu á morte de Afonso III (910), momento en que as súas posesións se dividiron entre os seus fillos: o Reino de Asturias para Froila II, o Reino de Galicia para Ordoño II e o Reino de León para García I de León (910-914). Despois da morte de García I, o seu irmán, Ordoño II (914-924), recibiu o reino e realizou sucesivas expedicións de expansión (916, 917, 918 e 920), ocupou algunhas prazas de La Rioja e fixo unha incursión por comarcas castelás ata Atienza. As terras asturleonesas unificáronse entre 924 e 925, con Froila II e co seu herdeiro Afonso Froilaz, quen foi desprazado do poder polos seus curmáns: Afonso IV proclamouse rei de León (925-926 e 929-931) e Sancho I Ordóñez, de Galicia (926-929). Ramiro II de León (931-951) accedeu ao trono trala abdicación de Afonso IV (931) e con el iniciouse a etapa de plenitude do reino leonés, que exerceu certa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada en León. No lugar houbo un mosteiro, que foi derrubado polas incursións de Almanzor no s X. A nova construción sobre a basílica do mosteiro comezouna o Rei Fernando I o Grande no s XI baixo a advocación de san Xoán. O Panteón Real foi a primeira parte construída, con planta cadrada e dúas alturas. O piso inferior ten seis bóvedas sostidas por dúas columnas e está decorado con frescos románicos de finais do s XII. Represéntanse escenas bíblicas inspiradas nos labores da vida cotiá, na Apocalipse e na vida e Paixón de Xesús Cristo; tamén se atopan signos do zodíaco, e un calendario coas faenas propias de cada estación do ano. En 1063 a igrexa recibiu os restos de santo Isidoro de Sevilla, e cambiou a advocación inicial. Urraca, filla de Fernando I, promoveu a ampliación en estilo románico. No s XII retomáronse as obras e construíuse a igrexa nova, proxectada por P. Deustamben, que foi consagrada no reinado de Afonso VII en 1149. Ten planta de cruz...

    VER O DETALLE DO TERMO